24/10/11

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Mirade neste vídeo que cousas pasan ás veces nunha biblioteca...


   Para conmemorar o día das bibliotecas, recordemos o que dixo delas Agustín Fernández Paz (texto íntegro aquí):

"ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senon as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta."

Ningún comentario:

Publicar un comentario