13/11/11

PUBLICIDADE E LITERATURA

Os publicistas son grandes mestres no uso da linguaxe literaria: metáforas, metonimias, recursos de repetición... En ocasións, acoden directamente aos grandes mestres. Eles poñen as palabras, os publicistas, as imaxes, e as empresas, o produto. Que opinades deste uso comercial da literatura? Que credes que opinarían Cortázar, Borges ou Shakespeare? Cal é o que máis vos gusta?




20 comentarios:

  1. Os anuncios cos textos de Cortázar e Borges son
    fantásticos. Persoalmente gústame menos o terceiro . Creo que aos escritores lles gustaría moito ver as múltiples lecturas que poden facerse das súas obras.

    ResponderEliminar
  2. Son bonitos, si. O que falla é o produto anunciado... :P

    ResponderEliminar
  3. Clara G.5:34 p.m.

    Paréceme unha moi boa idea que as industrias comerciais utilicen a literatura para facer os seus anuncios, non soamente porque son así mais atractivos, senón porque demostran que as palabras de escritores tan importantes como Shakespeare, Cortazar e Borges poden aparecer na vida de moitas formas, non soamente impresas nun papel, de feito, penso que estes escritores estarían marabillados pola forma tan innovadora que agora hai para que as súas palabras, as súas ideas, a súa maxia cheguen a todo o mundo. O vídeo que mais me gusta é o segundo, porque considero que mestura moi ven as imaxes coas palabras ta profundas de Borges.

    ResponderEliminar
  4. Damián I España6:14 p.m.

    Na miña opinión parece unha boa idea que se potencia a literatura e que mellor que no medio que mais o ve a xente. E porque nos demostra que a literatura non está caduca. Creo que estarían maravillados, porque que non o estaría de que as súas obras seguisen no corazón de moita xente. A mín o que mais me gustou foi o primeiro porque fai un cambio na forma de ver que posee a quen

    ResponderEliminar
  5. Javier Núñez7:00 p.m.

    A publicidade é arte, a arte de facer algo atractivo para a xente e que estos compren o que sae nos anuncios por capricho e porque se senten identificados co anuncio, pasa o mesmo coa literatura intenta ser atractiva simplemente para que a xente disfrute con ela, os publicistas xuntan as duas cousas para mellorar a publicidade e facela atractiva, creo que os autores estarían orgullosos de esta mezcla e esta evolución dos libros a televisión, só por saber que as súas obras van chegar a moita xente é motivo de alegrarse, o video que máis me gustou foi o primeiro porque cambia o sentido loxico das cousas e non só regalamos cousas senon a preocupacion por elas o medo a perdelas e o interese por coñecer máis e comparar.

    ResponderEliminar
  6. Finsi Skywalker8:41 p.m.

    O uso da literatura por parte destas industrias comerciais é unha maneira máis de dar a coñecer as ideas, os pensamentos de famosos escritores. Baixo o meu punto de vista, figuras como Shakespeare ou Cortazar darían o seu visto bo, a television tendo un gran numero de espectadores permitirá achegar a literatura a moitas máis persoas.Para o meu gusto o primeiro anuncio foi o que máis me agradou, pola metáfora do reloxo e pola preguta que realiza o final.

    ResponderEliminar
  7. Carlos Lonja11:16 p.m.

    Cada cousa é para o que é e por iso penso que o uso por parte da industria publicitaria da literatura feita por cada un dos autores, ben sexan estes ou outros é un uso egoista. Os autores da publicidade deberían de crear os seus propios textos para os seus propios traballos e non utilizar algo feito por outros e que eses outros non crearon esa literatura para uso de ANUNCIOS.
    Ben creo tamén que se non chega a ser porque se di de que a literatura está dentro destes anuncios é case imperceptible.
    O video que máis me gustou foi o número dous porque sabe mesturar a música coa literatura e ca imaxe.

    ResponderEliminar
  8. Javier González1:07 p.m.

    Paréceme moi ben este xeito de achegar a literatura de autores consagrados como Borges ou Shakespeare ao gran público.
    Pode ser que existan persoas que por estes anuncios decídanse a ler algunha obra de estes autores

    Eu penso que a ningún autor, por moi coñecido que sexa, vaille parecer mal que as súas obras sexan referencias.

    Gústoume moito os dous primeiros anuncios porque están ben gravados e ademais son moi poéticos.As imaxes e a música coordinan moi ben coa mensaxe do texto.

    ¿Sería posible que a publicidade axudara ao mellor coñecemento da literatura?

    ResponderEliminar
  9. Tamara Paredes2:53 p.m.

    Hoxe en día as empresas comercias empregan todo tipo de recursos para captar a atención do público que, directa ou indirectamente é persuadido polas pegadizas cancións, artísticas imaxes , actores atractivos… Incluso o fluír das palabras marca un punto importante nesta sedución. Os anuncios publicitarios e calquera mensaxe emitida nas canles televisivas debería ter unha finalidade instructiva pero, por desgraza, na maioría das ocasión non é así ; a finalidade da propaganda é a opulencia.
    Anuncios amosando palabras, a esencia da literatura, o verdadeiro transmitir de sentimentos, da realidade que nos envolve… é fascinante! O xogar dos fonemas, o simbolismo da existencia; esta é a verdadeira persuasión. Entra pola vista e apréciase con profundidade, unha soa expresión, chega.
    Pechade os ollos e escoitade o vídeo. Deleitádevos con Cortazar, Borges ou Shakespeare recitando no século XXI. Eles estarían ilusionados ó saber que a súa presenza é importante para nós.
    Sen dúbida, o anuncio que máis me atrae e o segundo. As imaxes e a escolla das palabras afloran no interior.

    ResponderEliminar
  10. patricia varela4:22 p.m.

    Este xeito de transmitir información sobre unha empresa ou sobre un podructo que se quere promocionar esta en uso dende fai moito tempo. Paréceme unha boa idea que para vender productos se use a literatura, a música, as frases célebres ou incluso unha soa imaxe para que ese anuncio sexa popular.
    Ademais penso que os autores verdadeiros destas frases, musicas ou outro tipo de recurso utilizado estarán orgullosos de que a súa "arte" sirva para estimular a xente.
    Dende o meu punto de vista o que máis me gustou foi o segundo, xa que me parece que tanto as imaxes como a musica estan totalmente relacionadas co producto que se quere promocionar.

    ResponderEliminar
  11. Guillermo Darth Vader5:50 p.m.

    Como todas las cosas que se crean depende de quien las use tienen una u otra intención. Los anuncios están para estimular e impulsar a las personas a consumir sin tener la necesidad(uno de los motivos de la actual crisis financiera). El uso de la literatura (algo tan bonito y educativo que obsequia a nuestra sociedad) con el fin de incrementar el consumismo me parece algo lamentable. Si los publicistas quieren crear buenos anuncios por lo menos que se escurran un poco la cabeza que para eso les pagan, y no para copiar de la literatura…
    A mi me gusta el primer anuncio porque me hace gracia la idea de que la persona no poseas el coche sino el coche a la persona…

    ResponderEliminar
  12. Miriam Gudiña6:19 p.m.

    En la actualidad son muchos los anuncios que utilizan la literatura para llamar la atención de las personas que los ven através de la televisión, de los periódicos, vallas publicitarias... Lo que me parece una buena idea, debido a que la utilización de los recursos literarios siempre hace que las personas se fijen más en la publicidad.
    También creo qe los escritores Cortázar, Borges o Shakespeare estarían orgullosos de ellos mismos por ver que su importantísima obra tiene una gran importancia en la actualidad y de alguna manera influye a las personas de alguna manera.

    De los tres anuncios anteriores el que más me ha gustado fue el segundo ya que hace una buena reflexión sobre la vida, sobre que las personas se toman los problemas muy enserio y la vida esta para disfrutarla, no para estar todos los días enfadado.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo6:20 p.m.

    ups.. Habia que facelo en Galego?

    ResponderEliminar
  14. Elena Pin Rodríguez7:05 p.m.

    A publicidade é o xeito máis fácil de encandilar a xente para que consuma un producto. Normalmente os publicistas o que queren é facer anuncios orixinais para que despois se fale destes.O xeito de usar poemas, cancións ou outro tipo de recursos paréceme algo moi positivo para que a xente esté máis preto, neste caso,da literatura. Esta é unha forma de que se teña un contacto máis directo e amigable con esta,xa que se o producto que se vende é algo que lle interesa ao consumidor,e vai acompañado deste factor,probablemente cando recordemos o anuncio tamén recordaremos do que este ía acompañado,polo tanto ten que estar ligado o que se vende co que lle poñen de adorno, para captar así mellor a nosa atención.
    Compenetrar o producto que queremos vender cos distintos factores que nos chamen a atención é algo complexo,pero no caso do anuncio 2,conecta moi ben a reflexión que fai coas imaxes.

    ResponderEliminar
  15. Diego R.7:10 p.m.

    Hoxe en día, o uso da literatura por estas empresas comerciais, é unha táctica para fomentar o consumo de productos, xa que intentan persuadir e impulsar a que as persoas consuman mediante o uso de recursos de persoaxes famosos, imaxes impactantes, música bastante pegadiza, incluso frases que se din e moitas cousas máis que teñen en conta.
    Eu penso que Cortázar, Borges ou Shakespeare estarían de acordo con isto, xa que todas as súas obras literarias se verían reflictidas nestes anuncios e permitiría que moita máis xente coñecese cousas sobre a literatura.
    Dende o meu punto de vista o que máis me gustou foi o segundo, xa que fai unha clara comparación coa vida e que non sabes que te esperará ó longo de cada día ó levantarse, que cada día é unha oportunidade.

    ResponderEliminar
  16. Anónimo7:13 p.m.

    Actualmente moitísimas empresas publicitarias estan a intentar transformar os seus spots en autenticas películas de hollywood ,para facelo elaboran presupostos altisimos co fin de acadar a maior atención dos espectadores. Baseanse moitas veces en films reais ou ben toman frases celebres para deixar unha maior pegada . Na miña opinion todo autor deberi de estar orgulloso da súa mención nestas publicidades.
    CHISCO

    ResponderEliminar
  17. Daniel Montes7:44 p.m.

    Particularmente gústame que se utilice a literatura para os anuncios comerciais, penso que é unha forma de recordar algún escritor mentres nos venden os productos, o polo menos intentan facelo.
    Según vivimos nesta situación actual cada día podemos consumir menos, e centrarnos soamente nas cousas importantes,pero esto non nos impide poder distraernos cos anuncios que te transportan a mundos perfectos e mellores ,que só existen na nosa imaxinación.
    Eu destos tres gústame máis o de segundo(o de actimel) sobre todo a profundidade do poema, posto que é unha gran verdade.Non fai falla vivir unha segunda vez, nesta vida hai que quedarse cos bos momentos,cas persoas que te queren, e che fan feliz.

    ResponderEliminar
  18. A publicidade ten a finalidade de facer atractivo un producto ante os ollos do consumidor e posicionalo ante a súa competencia.
    En estos anuncios se abandona el tópico de nombrar las caracteristicas del producto de una forma usual, sino que se ha buscado una forma literaria, bella de contar los puntos positivos del producto, en mi opinión estos anuncios son un ejemplo d buena publicidad y creo q si todos lo hicieran así aumentarian sus ventas.
    Creo que Cortázar, Borges y Shakespeare (y cualquiera) prefiere estos anuncios, xqe ademas nos sacan de la monotonía de la publicidad cuando vemos la televisión por ejemplo

    ResponderEliminar
  19. Anónimo9:44 p.m.

    Nos nosos dias, a publicidade é algo esencial para as empresas, xa que gracias a ela, poden aumentar o seu índice de vendas facendo un anuncio que guste ó consumidor.
    Sobre o anuncio do Seat León, paréceme unha grande idea que os publicistas xogaran ca idea de utilizar a literatura como algo que atraia ó comprador, debido a que o anuncio pode espertar a curiosidade do espectador, e facer que este se interese pola literatura.
    Para min o mellor sería este sen dúbida ningunha porque resulta difícil mesturar algo tan moderno como é un automóbil con algo tan antigo como é a literatura.
    XOÁN

    ResponderEliminar
  20. Que opinades deste uso comercial da literatura?
    Creo que o importante é o uso da literatura e o seu disfrute, xa sexa dunha maneira comercial ou como forma de evadirse do mundo que nos rodea para chegares a un mundo mellor, ou peor iso depende do que esteas a ler... pero en definitiva o importante é que se use.

    Que credes que opinarían Cortázar, Borges ou Shakespeare?
    Poderían opinar calqueira cousa... eso si, estou segura de que non lles faría gracia que non recoñeceran os autores desas palabras que voan das bocas dos actores destes anuncios.

    Cal é o que máis vos gusta?
    Gústame máis o segundo por transmitir o mensaxe dunha forma máis alegre, menos serio e musical. Aínda que non desprecio os outros, xa que o segundo está moi ben, non podo dicir o mesmo do terceiro... non me gusta a forma de empregar eses versos... poderían facelo mellor con outros...

    ResponderEliminar