CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR ! AMOR ?... EN CEN PALABRAS
ATENCIÓN RAPAZAS E RAPACES:
Esta rapaza gañou o primeiro premio no concurso lingua de amor porque...
Esta rapaza gañou o primeiro premio no concurso lingua de amor porque...
...EN GALEGO LÍGASE MÁIS .Está demostrado. Frases míticas para facer as beiras como: "ti es de aquí ou vés á festa?" só con usalas conseguen efectos demoledores coa vítima escollida ( probade, probade...) Por iso para facerlle os honores a San Valentín, que en febreiro sempre anda moi atarefado, convocamos a cuarta edición do concurso de microrrelatos que demos en chamar AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A VER QUEN CONSEGUE SER MÁIS ROMPEDOR NISTO DAS DECLARACIÓNS DE AMOR. |
BASES DO CERTAME
AMOR? AMOR!... EN CEN PALABRAS
Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.
Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 1 de febreiro de 2012 no primeiro recreo e remata o 15 de febreiro no segundo recreo.
Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra‑ no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para 2º ciclo e Bacharelato.
Sétima. O anuncio da obra gañadora do certame farase o día 24 de febreiro. Terá lugar no ESPAZO CINEMA, no primeiro recreo.
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases.
Vía Édelingua.
De fora non pode participar ninguén, non? Jejeje
ResponderEliminarPero, Pabliño, ti queres todos os premios, egoísta?!?!
ResponderEliminarDeixa algo para os demáis :))
Non vos preocupedes, que xa mo deixou claro Belen
ResponderEliminarcando a vin hoxe pola tarde. jajaja
Biquiños e moita sorte aos participantes!
Grazas, Pablo ;)
ResponderEliminar