22/01/12

E OS PALÍNDROMOS?


Nunha entrada anterior falamos dos anagramas, agora tócalle aos palíndromos (do grego palin dromein, volver ir cara atrás), que son palabras, números ou frases que se len igual para adiante que para atrás. Se falamos dun número chámase capicúa. Mirade estes exemplos:

ANA
SOMETEMOS
SE VAN SUS NAVES
A BREVE VERBA
NA MAN
A TORRE DA DERROTA

A construción de frases en forma de palíndromos remóntase a tempos moi antigos. Dise que foron inventados polo poeta grego Sótades no século III antes de J.C. Tamén din que primeiro palíndromo procede do primeiro home e foi en inglés: "Madam, I´m Adam"...
Gonzalo Navaza é o autor dun palindromario interesantísimo titulado A torre da derrotA. Aquí tedes un exemplo tirado deste libro.

E MAIO DOÍAME
O día caídO
Libra neves e ven abriL.
A min. Á ánimA.
Só oS
SoñoS 
Nos soños soños soN.
E maio doíamE.
E ven á nevE
A mirada cínica da rimA.


Nesta páxina encontraredes moitos palíndromos, veredes que curiosos...

5 comentarios:

  1. Que difíciles son de construír e que emocionante cando sae algún.

    ResponderEliminar
  2. Si, Gonzalo Navaza ten moitísimo mérito, verdade?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo11:29 p.m.

    Cuando se trata de números, se dice que son CAPICUA. Sabíais que es una palabra catalana CAP I CUA? Me hizo mucha gracia cuando lo supe.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo11:31 p.m.

    (Cabeza y cola, vaya)

    ResponderEliminar
  5. Pois a verdade é que non o sabía, Anónimo. Grazas pola información :)

    ResponderEliminar