Presume de ler e déixate ver
Miguel Suárez Carnota, 4º ESO
Febre, Héctor Carré
Febre , unha obra de Héctor Carré , na que a protagonista é Carmucha, unha moza de dezasete anos que, ademais de ser moi valente e botada para adiante, é tamén algo incauta. Un día vai ás minas de volframio , nas que se cometen grandes inxustizas, e ademais tamén ve a vida desde outra perspectiva e desde outros lugares, por exemplo desde os barrios baixos, onde viven vagabundos , prostitutas, etc. e nos que se da conta do que fai o cabo Marelo, un policía corrupto. Sendo consciente da actitude daquelas mulleres, decide deixar a súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Desde ese momento métese de cheo no negocio do volframio e vanlle pasando diferentes episodios nos que vai madurando como muller e descubrindo cousas que lle fan cambiar na forma de pensar acerca da maioría das persoas que a rodean.
Eu recomendaríao, xa que é un libro que, a pesar de ter case 300 páxinas, lino rápido porque é moi entretido.
Grazas, Miguel, por esta recomendación e pola túa participación no noso fotolibro :)
ResponderEliminarEstupendo Miguel! Alégrome moito de que che gustase o libro.A min tamén me gustou moito, sobre todo polo tratamento que se fai nel do papel da muller na sociedade. Desde logo que Carmucha era unha valente botada para diante !
ResponderEliminarXa sabes que o vindeiro día 6 de marzo imos ter no instituto o seu autor,Héctor Carré. Seguro que hai moitas cousas que preguntarlle.
Xa levo tempo querendo ler este libro, deste mes non pasa...
ResponderEliminarEspero poder estar libre a esa hora o día 6 para poder ver a Héctor Carré!