06/03/12

PARABÉNS, GABO!

Hoxe cumpre 85 anos o escritor colombiano Gabriel García Márquez, coñecido polos seus amigos como Gabo. Tamén neste ano cúmprense 30 anos do seu premio Nobel de Literatura.

García Márquez está directamente relacionado co realismo máxico e a súa obra máis coñecida, Cien años de soledad, considérase unha das máis representativas deste xénero, que mestura fantasía e mito coas actividades diarias e ordinarias. Con motivo do seu aniversario, esta obra publícase hoxe en formato dixital.
Outra das súas novelas máis coñecidas, Crónica de una muerte anunciada, será a lectura do terceiro trimestre en 4* da ESO.

"El secreto de una buena vejez no es otra cosa que un pacto honrado 
con la soledad".

4 comentarios:

  1. Anónimo9:28 p.m.

    Magnífica novela, Crónica de una muerte anunciada, espero que a disfruten os alumnos de 4º!

    ResponderEliminar
  2. Supoño que si, Anónimo, polo xeral gusta moito.

    ResponderEliminar
  3. Crónica de una muerte anunciada é una obra emblemática,pero mergullarse no mundo de Cien años de soledad, coñecer a cidade de Macondo ou asistir aos Funerales de la Mama Grande é unha experiencia única.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por non falar dos contos de "La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada", outra experiencia única...

      Eliminar