10/03/12

CARLOS CASARES IN MEMORIAM

Onte cumpríronse dez anos do pasamento do narrador, ensaísta, biógrafo e tradutor Carlos Casares
A súa obra é moi extensa: deuse a coñecer con Vento ferido (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Tamén destaca Ilustrísima (1980) e O sol do verán (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou, entre outras, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) e Lolo anda en bicicleta (1996).
Fixo tamén traducións ao galego de libros como Le petit prince, do francés Antoine de Saint-Exupéry.
Cómpre salientar o esforzo que o intelectual fixo para a redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no 1983. Foi presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixiu a editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.

2 comentarios:

  1. Carlos Casares ben merece unha porta de aula no noso centro ¿ Non vos parece? .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si, podiamos falar co alumnado de terceiros...

      Eliminar