16/04/12

GIANNI RODARI

Gianni Rodari morría un 14 de abril de 1980. Mestre, xornalista e escritor de numerosos libros, recibiu en 1970 o Premio Hans Chistian Andersen polo conxunto da súa obra de literatura infantil. Coa súa Gramática da fantasía, converteuse no "pedagogo da imaxinación", pois defendeu sempre a creatividade nos nenos coma unha posibilidade para transformar o mundo, este mundo violento e incoherente que os adultos a miúdo lles ofrecemos... Outros dos seus libros máis coñecidos son Contos por teléfono, Contos escritos a máquina, Contos para xogar,...nos que combina maxistralmente o humor, a imaxinación e a desbordante fantasía cunha visión crítica, coa súa dose de ironía, do mundo actual.

4 comentarios:

  1. Que ben están as ilustracións das marxes e as fotos das recomendacións lectoras !
    Danlle moita vida ao blog.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12:12 p.m.

    Cuando era pequeña me leían los Cuentos por Teléfono. Ahora yo se los leo a mi hijo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anónimo, na miña casa tamén tiñamos este libro. É precioso!

      Eliminar