17/04/12

SEMANA DO LIBRO NA ESPERELA



Xa sabedes que o próximo luns 23 de abril é o Día do Libro, no que se recorda o pasamento de Miguel de Cervantes e W. Shakespeare. Con este motivo, A Esperela está a desenvolver moitas  actividades no instituto:


No recibidor do primeiro andar podedes disfrutar dun RECANTO DE HAIKUS, elaborado polo alumnado de 3º e 4º de ESO:

Monte oscuro
los árboles son personas.
Cantan soplando.
            Andrés Neira
O día 23, no primeiro recreo na biblioteca, o grupo de 3ºPDC vainos agasallar cunha REPRESENTACIÓN baseada na obra A expedición dos libros, de Vicente Muñoz Puelles.

PALABRAS NO AIRE é o intento de encher o instituto de palabras sobre a lectura, os libros, poesías, reflexións... en distintas linguas. Busca e comparte as que máis che gusten.
Participa enviando a aesperela@gmail.com textos breves sobre a lectura, os libros, comezos de libros, partes favoritas, versos que namoran...

Rematada a representación da biblioteca, inauguraremos a exposición bibliográfica DE ONTE A HOXE, un paseo polos fondos da nosa biblioteca: dende os primeiros libros ata o e-book, libros máxicos, especiais, sorprendentes, libros dedicados polos seus autores... Ven e coñece os tesouros da Esperela!

MONUMENTO AO LIBRO: durante a semana ergueremos coas nosas mans un monumento ao libro. Deixa a túa pegada colaborando co Departamento de Educación Plástica e Visual.

LIBROS ESQUECIDOS: Se atopas un libro que poña "Expurgo" e queres quedar con el, faino. Se non o queres ler, déixao no sitio, pode apetecerlle a alguén... (en calquera caso, non o estragues, é un libro que busca propietario)

Estade atentos, todos os membros da comunidade educativa recibiredes un AGASALLO para celebrar o Día do Libro.

Participa nas actividades e disfruta cos libros!

4 comentarios:

  1. Cantas actividades!
    Encantáronme os Haikus e teño moitas ganas de ver esa representación de PDC.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Belén, é a festa grande dos libros...

      Eliminar
  2. Moi fermosa a proposta ao redor do libro. Cada día leo algo do que se vai expoñendo no centro e cada día teño algo no que pensar e sentir. Graciñas "esperela"

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Natália, esa é exactamente a idea: un pensamento para cada día.
      Grazas pola túa visita ;)

      Eliminar