16/05/12

ADEUS A CARLOS FUENTES


Onte chegábanos a noticia da morte aos 83 anos do escritor mexicano Carlos Fuentes. Era autor de máis de 20 novelas, como La muerte de Artemio Cruz ou Terra Nostra, e contaba co Premio Cervantes e o Príncipe de Asturias. 
Formou parte dunha xeración de escritores únicos que formarían o chamado "boom" latinoamericano e dende a literatura encamiñou á narrativa en lingua española cara á modernidade. 
Carlos Fuentes foi un intelectual extraordinario que cuestionou durante toda a súa vida ao seu país, México, por ser incapaz de construir unha democracia máis auténtica. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario