Este venres acompañamos a nosa alumna T. P. a entrega de premios do certame literario Luísa Villalta, no que acadou o segundo posto cun poema titulado "Páxinas en branco". Foi un acto emotivo, cheo de referencias á poeta e ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade. Disfrutamos tamén das actuacións musicais, poéticas e artísticas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo, organizador do acto.
T. agradeceu aos compañeiros e profesores o seu apoio e instou os máis novos a escribir. Ver a madurez de T. e como o noso alumnado de bacharelato segue a darnos motivos de orgullo é un estímulo para nós nestes momentos.
Nesta presentación tedes algunhas fotos do acto:
Qué ben quedou o video !! Capturaches todos os momentos oportunos.
ResponderEliminarGustoume moito escoitar a miña voz lendo o poema. É unha bonita lembranza :)
Si, iso que estás aí medio escondida, pero quedou ben. Tes tamén voz de poeta!
EliminarTamara , xa che dixen case todo... Moitos bicos pirula , dáme pena que vos toque marchar xa do Centro!
ResponderEliminarSnif, snif... :(
Eliminar