O venres despedimos a nosa promoción de 2* de bacharelato nunha tarde chea de emocións: disfrutamos dun alumnado "irrecoñecible", de discursos moi sentidos de dous alumnos (Carlos e Clara) e da nosa directora Conchita, da presentación de Miriam e Daniel, de vídeos de momentos inesquecibles e de agradecemento aos profesores, de familias felices, dalgunhas bágoas e moitos sorrisos.
Dende A Esperela sumámonos a esa grande aperta de todo o profesorado para esta promoción tan especial.
Moita sorte a tod@s!
E este é o vídeo da súa traxectoria...
Muchas gracias por los videos,y por todos estos años.Que bonitos recuerdos nos quedan!
ResponderEliminarElena
Grazas a vós, Elena, a todos.
EliminarEsta profesión nosa, que é tan bonita, ten tamén esta parte de continuas despedidas, que son positivas porque quere dicir que empezades a vosa vida, pero que a nós nos deixa unha triste sensación de paso do tempo... como se a vida empezase para vós e para nós só continuase...
Que cousas bonitas dicides, queredes que non deixe de chorar ou que?
ResponderEliminarSnif, snif...
EliminarBotarémosvos moito de menos; tanto os momentos de enfado, coma os momentos de alegría, que non foron poucos.Durante todo o curso desexábamos rematar e agora que temos que marchar non o queremos facer, que paradoxo... Moitos de nós levamos doce anos no colexio, foi a nosa segunda casa... é unha mestura entre nostalxia e emoción por emprender novas experiencias pero sen dúbida, somos quen somos grazas a vós, e iso, non se esquece tan facilmente.
ResponderEliminarSen dúbida o instituto xa será por sempre parte de vós, como vós sodes parte de nós. O vivido xuntos, para ben ou para mal, é inesquecible. Tedes a ventaxa de que sabedes onde estamos e sempre podedes visitarnos...
EliminarGrazas outra vez, Tamara, polas túas palabras.
Un bico.
Qué emocionante, podo sentir e revivir a miña propia experiencia, anos atrás, e podo asegurar que os bos profesores e mestres non se esquecen xamais. Noraboa, equipo!
ResponderEliminarOs anos de instituto sempre son os mellores...
EliminarEu teño un recordo imborrable dese tempo, daqueles compañeiros e tamén de moitos profesores.
Grazas, Anónimo :)