30/05/12

ÉDELINGUA NA CASA DA CULTURA DE SADA

O venres 8 de xuño, ás 20:00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, terá lugar o acto de presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón (EDLG).
Ademais da proxección doutras curtametraxes, estrearanse as últimas producións de Édelingua: o documental A Filla da Ría da Prata e a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez.
Neste acto entregarase tamén o premio Édelingua 2012, outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón ao alumn@ que máis se teña significado na defensa e promoción da lingua galega.
Contaremos coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
Estades tod@s invitados. Contamos con vós!

Tedes máis información no blogue de Édelingua.

6 comentarios:

  1. Vai estar de marabilla, segurísimo.

    ResponderEliminar
  2. Tamara Paredes10:41 p.m.

    Este ano arrasamos con todo ! O acto será o peche dun curso ateigado de premios.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sen dúbida, Tamara!
      Ademais, o acto será tamén o peche da vosa selectividade...
      Vémonos alí, non si?

      Eliminar
    2. Tamara Paredes10:58 p.m.

      Claro ! Penso que o último examen que teño é a primeira hora da tarde; alí estarei, sen dúbida.

      Eliminar
    3. Boa ocasión para celebralo!
      Un bico ;)

      Eliminar