A XVII edición do Día da Ciencia na rúa celebrarase o próximo sábado 5 de maio no parque de Santa Margarita entre as 11 da mañá e as 7 da tarde.
Cada primeiro sábado de maio celébrase esta gran festa da ciencia que pretende facer máis cercana e divertida a ciencia aos cidadáns a través de moi variadas actividades. É a xornada na que os máis novos nos ensinan aos adultos.
Nesta edición participan 20 centros educativos da cidade e da área, ademais dun de Ribadeo, (dende alumnos de infantil ata estudantes de secundaria) que ofrecerán un centenar de actividades, experiencias e experimentos.
Ese día, ademais, os museos coruñeses celebran a súa xornada de portas abertas, co que a entrada é gratis... Aproveitade!
Que mágoa non participarmos os centros de fóra !
ResponderEliminarA verdade é que é divertidísimo. Recoméndoo a todo o mundo! :D
ResponderEliminarO sábado inaugúrase o novo museo nacional na Coruña,conta con obxectos clásicos e interesantes, ten boa pinta.Será xornada de portas abertas e despois ata xuño non volverá a abrir. Haberá que aproveitar e ir !!
ResponderEliminarSi, Tamara, de feito inaugúrase hoxe. É o MUNCYT, Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, e o sábado terá a entrada gratis. Durante o mes de maio só estará aberto a visitas escolares, por iso mañá é o día idóneo para ir. Se vas seguro que nos vemos, ou, se non, na Ciencia na rúa, eu penso ir...
EliminarGrazas pola túa recomendación!