01/05/12

NOVA ESCOLA DE BANDA DESEÑADA: O GARAXE HERMÉTICO

O debuxante Kiko da Silva ven de inaugurar O Garaxe Hermético, a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia.
A escola, que está en Pontevedra, ten a porta decorada con ilustracións creadas por Miguelanxo Prado, que son xa a súa imaxe corporativa. 

O curso, para maiores de 16 anos, terá tres anos de duración e 700 horas lectivas ao ano e contará con profesores tan recoñecidos como o propio Kiko da Silva, Norberto e Jacobo Fernández, Fernando Iglesias ou Miguel Porto. Tamén haberá cursos dun ano.
Os interesados consultade na súa web!

2 comentarios:

  1. Ten unha boísima pinta!

    ResponderEliminar
  2. Si, creo que será unha opción para moita xente que tiña que sair de Galicia para estudar Banda Deseñada. Ademais, a dirección de Kiko da Silva é unha garantía...

    ResponderEliminar