Jean
Henri Gaston Giraud, coñecido tamén como
Moebius, naceu en Francia o 8 de Maio de 1938 e faleceu o
10 de Marzo de 2012.
Coa
morte deste xenio, o cómic queda sen un dos grandes referentes dentro do cómic
mundial. Moebius foi un dos primeiros en levar o cómic a un apartado máis
grafico, no que toda a historia está narrada mediate viñetas e case sen
palabras, como sucede en dúas das súas obras máis importantes como son Arzach e The long tomorrow. Esta última está considerada como o cómic máis influínte no cine.
Moebius tamén levou o cómic a un apartado máis
adulto xunto con outros autores como Will Eisner, Frank Miller e Alan Moore. O
autor francés revolucionou a ciencia ficción ao traballar con Jodorowsky e
facendo unha das obras máis importantes do xénero, O Incal.
O cómic neste momento está a altura da literatura
en xeral. Hai obras dunha calidade boísima con argumentos complexos e o mesmo se
pode dicir dos personaxes. Entre estas obras destacan as de Alan Moore como
Watchmen, V de vendetta e From hell, O
Incal, varias obras de maestro Osamu Tezuka, etc.
O cómic conseguiu acadar en
calidade a novela, pero segue sen recoñecérselle esa calidade, aínda que pouco a pouco
estase a conseguir con xestos como o da revista Time que elixiu a Watchmen como unha das
mellores 100 novelas en inglés desde 1923.
Autor: Isaac Ulloa, 1* de bacharelato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario