21/05/12

O TAMAÑO DA TERRA NA SOMBRA DUNHA VASOIRA


O alumnado de 2* da ESO asistiu o martes a unha charla no noso instituto organizada polo Departamento de Matemáticas e impartida por Beatriz Gómez Arribas, técnica de investigación do INCIPIT e especialista en arqueoloxía e César González García, investigador de astronomía na cultura e arqueoastronomía. Estes encontros científicos entre persoal investigador do CSIC-Galicia e alumnado de secundaria están integrados dentro de Exper-i-ciencia CSIC 2012, proxecto de colaboración entre a Delegación Galega do CSIC e a Fundación Barrié.

2 comentarios:

  1. Unha charla ben interesante ,e diso que o meu non son as mates!
    Que bonita a foto da cabeceira, xa non a lembraba.Para min é das mellores con esas sombras e ese aquel tan suburbano...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu estiven na primeira parte e foi interesantísima.
      A foto da cabeceira é moi bonita, si. Non sei ao final cal será a definitiva...

      Eliminar