Marco, de los Apeninos a Los Andes é un relato curto incluído por Edmundo de Amicis na súa novela Corazón, publicada no 1886. Narra a historia da longa e complicada viaxe dun neno de trece anos, Marco, dende Italia ata Arxentina, en busca da súa nai, que emigrara a aquel país sudamericano dous anos antes. O relato aporta unha crúa visión da emigración italiana do século XIX.
No ano 1976 fíxose unha versión desta historia nunha serie de animación co mesmo título que tivo un gran éxito. Moito choramos con ela...
os meus irmáns maiores martirizábanme coa canción de marco....eu choraba e eles escachaban coa risa...es igual, os sigo querendo
ResponderEliminarOs irmáns maiores están para chinchar...
EliminarA verdade é que era unha serie para chorar e non parar!
Que bonita esta foto dos rapaces de 2º!!
ResponderEliminarEu tamén levei moitos disgustos con Marco e diso que non teño irmáns maiores!
Si que é bonita esta foto da cabeceira! O problema é que me gustan todas e ao final non sei cal vou poñer de definitiva...
EliminarO de Marco era unha auténtica crueldade, creo que os nenos desa xeración crecimos marcados...
E que...Marco marca.
ResponderEliminarPor non falar de Heidi... ;)
Eliminar