Maurice Sendak, autor de clásicos da literatura infantil como Onde viven os monstros, morreu onte aos 83 anos. Parece imposible imaxinar a literatura infantil sen Sendak, cuxas obras escritas ao longo de 60 anos de carreira foron lidas por millóns de persoas e traducidas a decenas de linguas.
A súa obra literaria é ampla, pero Sendak é principalmente coñecido por máis dunha ducia de contos infantís que el mesmo ilustrou tamén.
Sendak, segundo os críticos, sentou escola porque nunca limitou a súa obra á fórmula convencional seguida por otros autores de contos infantís: tamén presentou ao lector o lado máis "escuro" do comportamento humano.
No 2009, o director Spike Jonze dirixiu unha versión cinematográfica de Onde viven los monstros co mesmo título. Este é o tráiler en castelán...
É un conto delicioso, cunhas fermosísimas ilustracións. A peli non a vin,pero dixéronme que era un pouco rara, é certo?
ResponderEliminarEfectivamente, o conto é unha delicia!
EliminarE a peli, para min, é poesía...