O
xoves 7 de xuño acompañounos na Esperela o coautor de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, texto e
ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. O
alumnado de 1º da ESO leu a obra e tivo a oportunidade de coñecer a un dos seus autores grazas ao Departamento de Lingua Galega.
Abraham “versión de Xosé Piriz”
|
O libro trata das aventuras dun neno de once anos que
bota de menos o seu pai morto e que é moi afeccionado aos
videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose
envolto nun conflito co que nin de lonxe podería soñar.
Comezou
explicándonos como foron nacendo e medrando os personaxes, logo
presentounos unha proxección na que foi amosando o proceso de
elaboración da obra gráfica. O alumnado fixo moitas preguntas e Xosé
Piriz (alumno de 1º B) entregoulle unha caricatura que foi debuxando mentres o autor
explicaba o seu traballo. Gustoulle moito. Ao final asinou (debuxou)
libros.
GRAZAS POR PARTICIPAR E APRENDER
Ningún comentario:
Publicar un comentario