O pasado venres 8, alumnado, profesorado e familias do IES O Mosteirón, ademais das autoridades máis representativas do Concello de Sada, acudimos á Casa da Cultura Pintor Lloréns para celebrar a presentación oficial do proxecto Édelingua.
O acto resultou emocionante e divertido a partes iguais, grazas ao traballo do Equipo de Dinamización e ás colaboracións do alumnado.
Destacamos a alegría de T. P. ao saberse gañadora do Édelingua 2012, a asistencia ao acto de ex-alumn@s moi querid@s, o merecido protagonismo dos irmáns González Garrido e a calidade das dúas últimas producións do Equipo: "O drama do cabalo de xadrez" e "A Filla da Ría de Prata".
Mirade as fotografías e veredes a ilusión en todas as caras:
Dende a Esperela, queremos felicitar a tod@s @s que formades parte de Édelingua,
moi especialmente ao coordinador, Xosé Seoane Cao.
Grazas polo voso traballo!
Muy chulo, el mejor es el del caballo de ajedrez.
ResponderEliminarEstá moi ben, Puchy, a ver cando podemos colgalo no blog :)
EliminarEspero que non vos importe que collese unha das presentacións para o blog de Édelingua. Ese día non saquei eu ningunha. Todas as fixo a viva de Inés.
ResponderEliminarViva, viva... se non é por min...
Eliminar