Onte morreu, aos 91 anos, o autor estadounidense Ray Bradbury, creador de obras tan recoñecidas como Crónicas marcianas (1950) ou Fahrenheit 451 (1953). Nesta última, cuxo título fai referencia á temperatura necesaria para facer arder os libros, Bradbury describe unha civilización occidental escravizada polos medios de comunicación, os tranquilizantes e o conformismo, na que o corpo de bombeiros rastrea e elimina os disidentes que conservan e len libros. Ante esta situación, créanse organizacións de lectores que pretenden manter viva a memoria, recordando cada un un libro para transmitilos oralmente ata que chegue un día en que se poidan volver a imprimir e distribuír e que o coñecemento supere á ignorancia.
Homenaxeando e recordando a Bradbury, preguntámosvos:
Ti, que libro salvarías do lume?
É complicado, gustaríame salvar moitos, pero se só puidera escoller un, quedaríame con "1984" de George Orwell
ResponderEliminarMoi boa elección, Anónimo!
EliminarGrazas pola túa visita e participación :)
Uf, que difícil é escoller un único libro!
ResponderEliminarCreo que eu salvaría "La mujer rota", de SImone de Beauvoir, non só polo seu contido, senon tamén polas connotacións que ten para min...
Pois a min tamén me resulta case imposible escoller un só libro. Quizais polo seu valor simbólico escollería o " Sempre en Galicia", pero é un pouco tópico sendo profe de galego non? . Hai moitos libros tan bos...
ResponderEliminarGústame moito ler relatos, case máis que novelas, e Julio Cortázar sería sen dúbida un que habería que salvar , Ferrín outro, tamén Quim Monzó e Edgar Allan Poe e Castelao...
Vou escoller hoxe ( se cadra outro día inclinaría a balanza por outro ) e vou dicir un libro que acabo de reler cos arapaces de 4º de ESO: "Vento ferido" de Carlos Casares.
E Lorca, e Lope, e Manuel Rivas, e Lois Pereiro, e Benedetti, e Vargas Llosa...
EliminarGrazas, Belén :))
Eu salvaría os libros que quedan por escribir! Dos xa escritos... Salvaría do lume os de poesía. Fan moita falta, non somos conscientes da importancia dos versos... Dos libres e dos outros. A Lorca haberia que sacalo o primeiro da lumerada!:-)
ResponderEliminarMoi ben, Sabela! Concordo!
EliminarComo no,sin duda La mujer rota. Ya se que es dificilísimo y casi imposible
ResponderEliminarsemejante elección pero hay épocas y libros que te marcan para siempre.....
Coincidimos, Anónimo! Alégrome! ;)
EliminarPor cierto,además de La mujer rota,Le petit prince.Otra vuelta al pasado y a la nostalgia...
ResponderEliminarY una película y una canción?
É certo, "Le petit prince" é un libro ben nostálxico...
EliminarTomo nota da idea da película e a canción. Grazas, Anónimo ;)