Fillo de emigrantes galegos, Oliver Laxe naceu en París no 1982.
Con oito anos regresa coa súa familia a Galicia e instálanse na Coruña.
Despois de estudar cine en Barcelona, marcha a Londres, onde realiza en 2006 a súa primeira curtametraxe, "Y las chimeneas decidieron escapar". Dende o 2006 reside en Tánxer, Marrocos, onde realiza máis traballos cos que obtén
diferentes premios en mostras de arte e festivais de cine.
Na actualidade, traballa nun obradoiro de cine para nenos da rúa, un proxecto en colaboración coa Cinématheque de Tanxer, a primeira filmoteca de África. Desta experiencia xorde a súa primeira longametraxe, "Todos vós sodes capitáns", coa que gaña varios premios, sendo o máis destacado o outorgado pola
Fipresci en Cannes, en 2010.
En xuño teremos a Oliver Laxe no Mosteirón!
Pois qué sorte, non?
ResponderEliminarMoita!! Estamos moi emocionad@s! :)
EliminarSi que vai seu un acontecemento como veña! Que estupendo!
ResponderEliminarSi, oxalá poida ser!
Eliminar