O pasado xoves, 14 de xuño, estivo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o escritor uruguaio Eduardo Galeano. O autor presentou o seu último libro, Los hijos de los días, que abrangue todos os días do ano, dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro. De cada día nace unha historia que atravesa as fronteiras do mapa e do tempo.
O acceso era libre e a capacidade, para 500 persoas, quedou moi escasa... A nosa compañeira Elena Conde, que estivo alí e puido facer fotos e vídeo, tivo que esperar moita cola para poder entrar, pero saíu emocionada por poder disfrutar desta oportunidade única.
Grazas, Elena, por compartilo :)
ResponderEliminarQue grande Galeano! Tan lúcido sempre e a favor dos desfavorecidos.
ResponderEliminarSi, unha lástima non poder ir...
EliminarHoxe agasalláronme con este libro, que casualidade non? Xa comecei a lelo con entusiasmo.Encántame!
ResponderEliminarDe verdade? Recoméndasmo?
Eliminarte lo recomiendo yo!!!!
ResponderEliminarXa, xa vin que o recomendabas na guía de lecturas para o verán da Esperela!
EliminarGrazas ;)))
Encántame, xenial!
ResponderEliminarA min tamén!
Eliminar