O pasado venres 15 o alumnado de 4º de ESO do noso instituto fixo a presentación do obradoiro "O personaxe e as súas emocións" na sala de cinema do CGAI. Tres alumnas, Elena, María e Cristina, explicaron as características do proxecto e valoraron o que supuxo para elas entrar en contacto co mundo do cine como creadoras. Tamén contestaron as preguntas do público.
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Mirade a gravación do obradoiro que se fixo dentro das nosas instalacións:
E estas son algunhas fotos do acto de presentación:
Que mágoa non poder ir. Ten tan boa pinta...
ResponderEliminarSi, Belén, estivo moi ben. Unha experiencia moi interesante.
EliminarA verdade e que foi un obradoiro estupendo e diría que necesario neste momento en que a imaxe nos rodea incesantemente. Penso que aprender a observar, apreciar, valorar e criticar este universo fainos mais competentes e libres. Grazas Inés por darlle relevancia no blog e grazas aos alumnos por mostrarse tan motivados e participativos.
ResponderEliminarCreo que é fundamental traballar a expresión das emocións, e niso Natália é incansable...
EliminarGrazas a ti, sempre :)
Moi interesante! Parabéns!
ResponderEliminar