O 11 de maio celébrase o día Mundial do Comercio Xusto.
O comercio xusto é un sistema comercial solidario que persigue o
desenvolvemento dos pobos e loita contra a pobreza e presenta unha
alternativa ao comercio convencional. As súas bases son:
- As condicións laborais e os salarios apropiados: para que os produtores do sur poidan vivir con dignidade.
- Que non haxa explotación infantil: Asegúrase de que os produtos non foran elaborados por nenos e nenas.
- A igualdade entre homes e mulleres: Que ambos reciban un trato e unha retribución económica equitativa.
- O respecto ao medio: Que os produtos se fabriquen por medio de prácticas respectuosas co entorno no que se producen.
Por iso, o comercio xusto é considerado coma unha ferramenta de cooperación.
Ademais, o comercio xusto constitúe un movemento internacional
formado por organizacións do sur e do norte. O seu obxectivo é mellorar o
acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e mudar as
inxustas regras do comercio internacional que consolidan a pobreza e a
desigualdade mundial.
As ONGD da Comisión de Comercio Xusto organizan actividades en distintas cidades de Galicia. Un dos principais obxectivos desta xornada
será amosar á cidadanía galega que «xusto ao noso carón» existen
alternativas ao modelo de consumo imperante e que o papel de cada un
de nós é fundamental para potenciar unhas regras de intercambio
comercial xustas.
A Coruña. Feira de Consumo Alternativo
Lugar: Praza de Pontevedra
Horario: 11:00 a 21:00 horas
Participantes: Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia
Actividades: venta, degustación, charlas, xogos, exposicións...
Lugar: Praza de Pontevedra
Horario: 11:00 a 21:00 horas
Participantes: Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia
Actividades: venta, degustación, charlas, xogos, exposicións...
Non deixes pasar a oportunidade de coñecer e comprometerte coas persoas.
Para saber mais:
Ningún comentario:
Publicar un comentario