Obras a túa disposición na biblioteca. Achegádevos ao teatro de Roberto Vidal Bolaño, unha experiencia que non defrauda.
Rastros: unha mirada sobre nós mesmos, feita dende o envés. Desde o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.
Bailadela da morte ditosa. Preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos
cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes
motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a
ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra
vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado.Un
achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con
gran naturalidade como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso
imaxinario.
Un apaixonante drama con personaxes inesquecibles. Con este texto, Roberto Vidal Bolaño obtén en 1992 o Premio Xacobeo de Textos Teatrais. Unha investigación de historiadores e teólogos, baixo a sombra da autoridade eclesiástica, sobre o misterio dos restos do Apóstolo. Que é o que se oculta aí dentro, baixo esa bela arquitectura, se é que hai algo? Os ríos de peregrinos de todo o mundo polo camiño de Santiago, ao longo de tantos séculos, onde foron, onde van hoxe mesmo? Que apodrece aí debaixo? O corpo de Prisciliano? Haberá outra cousa que o baleiro?
Saxo Tenor. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu
sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón
dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a
verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun
flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz
de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa
casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un
atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de
drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os
titulares de cada día.
Unha contribución de Paco Nogueiras Nodar, "Espirito Vidal Bolaño"
Ler teatro no mes das Letras Galegas
Ningún comentario:
Publicar un comentario