11/10/13

MALALA: UN EXEMPLO PARA TODOS NÓS


O Parlamento Europeo outorgou o premio Sájarov á liberdade de conciencia a Malala Yousafzai, a nena paquistaní que recibiu un disparo por parte dos talibanes pola súa defensa do dereito á educación no seu país.
Malala empezou a ser coñecida no mundo anglosaxón polo seu blog, no que defendía o dereito das nenas a recibir educación. En outubro de 2012 empezouse a facer globalmente famosa mentres os médicos intentaban salvar a súa vida. A súa é unha existencia curta, aínda, pero chea de duras emocións.
A concesión do premio coincide co  Día Internacional da Nena 2013, que se celebra hoxe 11 de outubro, unha data para a que a ONU escolleu o  lema  'Innovar para a educación das nenas'.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario