27/04/13

SALVAGARDEMOS ESTA BELEZA

«Pobladores do mundo, salvagardemos esta beleza, non a destruamos» (Primeiras palabras pronunciadas desde o espazo  por  Yuri  Gagarin  o 12 de abril de 1961)


Esta animación interactiva mostra moitas das escalas coñecidas do Universo. Ao mover a barra de desprazamento que hai na parte inferior móstrase a diversidade de tamaños . Ao facer clic nos diferentes elementos, aparece unha información descriptiva. (Clica na imaxen ou no enlace de abaixo. Grazas)
 

http://htwins.net/scale2/lang.html

23/04/13

DÍA DO LIBRO: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe durante o recreo entregamos os premios do concurso Fotolibro 2013.
A continuación podedes ver as fotos participantes e as gañadoras. Parabéns




Finalizamos o acto de entrega de premios lendo o texto de Paula Carballeira "Só un libro" e levamos de agasallo o marcapáxinas co texto.
Para os que non puidestes participar hoxe, tamén vos espera un marcapáxinas na biblioteca.

Grazas pola participación

22/04/13

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

A UNESCO proclamou o 23 de abril Día Mundial do Libro por coincidir nesta data acontecementos literarios importantes a nivel interncional, o falecemento de Cervantes e Shakespeare entre outros.

«O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidad de libros e de contidos é unha fonte de enriquecimiento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2013.

Un video para ilustrar a mensaxe anterior
 

A mellor homenaxe que podemos facerlle ao libro é, sen dúbida, perdernos entre as súas páxinas, regalarnos un tempo de lectura e compartir con outros o lido. 

Coma en anos anteriores, contamos cun texto orixinal co que PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Aquí tendes un fragmento

Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...

Pódese descargar AQUÍ  
Para conmemorar a data durante o segundo recreo entregaremos os premios do Concurso Fotolibro. Non faltedes, haberá unha sorpresa para os asistentes.
Feliz día do libro.
Grazas

21/04/13

DÍA DO LIBRO: DEREITOS DO LECTOR

O día 23 é o Día do libro, para ir pensando no tema podedes ler os dereitos do lector, o libro de pouco sirve si non hai lectores



Texto de Daniel Pennac
Ilustracións de Quentin Blake
Si queres ler o texto completo de D. Pennac tes que pedir na biblioteca:  Como una novela

11/04/13

UBUNTU

Como sabedes os ordenadores das aulas Abalar e da biblioteca funcionan co sistema operativo Ubuntu, propoñémosvos coñecer o significado desa palabra escoitando a Nelson Mandela



Para mais información clica na imaxe

09/04/13

JOSÉ LUIS SAMPEDRO

Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.
Un economista que sempre tivo presente que o mercado debería estar ao servizo da colectividade.
Uns libros para ler e... ler e... ler.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!
Vía Rede Lectura
  
 Obras de José Luis Sampedro na biblioteca:
- La vieja sirena
- Tamén podes ler a versión en galego Indignádevos

GRAZAS JOSÉ LUIS POLO TEU TESTEMUÑO DE VIDA COHERENTE

03/04/13

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 



Aportación de José Saramago

27/03/13

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA ESPERELA


BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO

II EDICIÓN
Todos leemos. Alejandro Ennes
Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura. 
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro.pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 1de abril e rematará o 18 de abril de 2013.
 Cuarta. As fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da fotografía por fora.
Revolcándose en la literatura. Olalla Armada
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.

Sexta. As obras serán avaliadas polos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón establecéndose o seguinte procedemento de votación popular:
  • Do 8 de abril o 19 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
  • Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
  • A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
  • Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Esperando. Elena Rodríguez
Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  23 de abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.

Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

Animádevos a participar. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais fotografías que na do ano pasado.

24/03/13

SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA

Repaso rápido do que foron as actividades desenvolvidas durante esta semana intensa e chea de poemas.

Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos

Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach

Recital na biblioteca e Recital multimedia de Yolanda Castaño:
Recitando poemas.  Recital Yolanda Castaño on PhotoPeach

Grazas por participar e gozar da poesía

14/03/13

SEMANA DA POESÍA, DO 18 AO 22 DE MARZO

Como sabedes o 21 de marzo é o Día Internacional da Poesía con tal motivo A Esperela ten preparadas as actividades seguintes:

HORA DE LER: 4ª Hora (11:20- 12:10). Lectura de poemas nas aulas. (O profesorado ten a súa disposición un cartafol con poemas na sala de profesores).


LUNS 18 e MARTES 19, 2º Recreo, na biblioteca:


Escoitamos a voz dos poetas”. Escoitaremos varios poemas recitados polos seus autores. 

MÉRCORES 20. “Xoga cos versos e compón un soneto. Durante os recreos poderemos compoñer sonetos xogando con versos escritos por diferentes autores. 

XOVES 21: Día da poesía. RECITAL POÉTICO. Un grupo de compañeiros /as recitaran para todos, 2º Recreo.
VENRES 22. 12:30, Salón de Actos. YOLANDA CASTAÑO: Recital multimedia. Combinación de recital de textos propios con proxección de videopoesía e pezas de audio pregravado. Un novo e atractivo xeito de comunicar a poesía facéndoa dialogar coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.


PARTICIPADE E GOZADE DA POESÍA
GRAZAS

12/03/13

IMAXE DO DÍA

El Mar, El Mar Y Tú 

El mar, el mar y tú, plural espejo,
el mar de torso perezoso y lento
nadando por el mar, del mar sediento:
el mar que muere y nace en un reflejo.


El mar y tú, su mar, el mar espejo:
roca que escala el mar con paso lento,
pilar de sal que abate el mar sediento,
sed y vaivén y apenas un reflejo.


De la suma de instantes en que creces,
del círculo de imágenes del año,
retengo un mes de espumas y de peces,


y bajo cielos líquidos de estaño
tu cuerpo que en la luz abre bahías
al oscuro oleaje de los días.

Octavio Paz

 Xa remata o inverno... o mar quere despedirse con forza.

10/03/13

10 ANOS DE GALIPEDIA

O 8 de marzo cumpríronse 10 anos da aparición da GALIPEDIA.
Parabéns dende A Esperela a esta imprescindible ferramenta de consulta e difusión da nosa lingua.
GRAZAS

07/03/13

HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA


Pan e Paz, audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.



Mujeres- Silvio Rodríguez. Unha canción que resume o inmenso valor da muller no devir da vida.



A canción Centeás, de Luar Na Lubre, é unha homenaxe ás mulleres traballadoras. Centeás - Camiños dá Fin dá Terra (2007)

  Dende A Esperela o noso recoñecemento e gratitude.

06/03/13

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: INVISIBLES

Así estamos no tocante a igualdade de xénero, vídeo da organización ATTAC




Xa diredes si están equivocados ou esaxeran

01/03/13

NOVIDADES: VIDEO XOGOS


Acabamos de incorporar tres video xogos aos fondos da biblioteca.
Age of Mythology (PC). Xogo de estratexia en tempo real continuación da coñecida saga "Age of..." de Ensemble Studios. Unha das súas principais novidades é que inclúe, por primeira vez, unha contorna 3D. Ademais conta cunha ambientación moi diferente na que o realismo histórico de anteriores xogos deu paso a un mundo de mitoloxía e lenda.

IMPERIUM CIVITAS ANTHOLOGY

IMPERIVM CIVITAS ANTHOLOGY (PC) 

Construír un Imperio, converterse nun Emperador romano, este é o reto que che propón Imperium Civitas.

 

FIFA 13 (PC) 

Non precisa presentación.

 

27/02/13

IMAXE DO DÍA


A revista especializada en literatura xuvenil El templo de las mil puertas proponnos este manifesto a favor da Literatura Xuvenil nun vídeo de stop-motion.

26/02/13

CERTAME AMOR! AMOR? ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe A Esperela viviu un momento importante, entregamos os premios do certame de microrelatos. 

Podedes ver as gañadoras e ler os textos premiados.

Yael e Carolina preparadas para ler os seus textos
Texto gañador na categoría de 2º Ciclo da ESO:

Lembranzas
Nunca poderei esquecer as moitas sensacións que percorrían con rapidez cada un dos recuncho do meu corpo. Non podo...sei que xamais poderei, xa que anque poña esmero en botarte das miñas lembranzas, os teus ollos, vivaces e cheos dunha contaxiosa esperanza, aparecen en canto o mais mínimo descoido domíname.

Aquí estou, mirando afanado os astros do ceo, cada un deses corpos distantes, como ti, que parpadean no manto escuro desta repetitiva noite de lembranzas dolorosas.
Así que, con coidado, deixo as rosas no teu leito eterno e repito a mesma promesa, desexando que dalgún modo me escoites:
- Esquecerte?...Nunca

                                            Yael Gómez Blanco. 3º ESO B

Texto gañador na categoría de 1º Ciclo da ESO:

O lobo e a lúa
Onde estás miña amada? Ven a noite...non te atopo! A túa luz foise apagando ata que chegou a escuridade. Ti, que sempre me acompañas e, agra déixasme só! Sento morriña da túa beleza, do teu brillo, da túa forza magnética...
Lembro os teus prateados cabelos e os teus fermosos ollos azuis que me miran fixamente, mentres eu docemente ouveo.

Sei que o noso é imposible, quixera bicarte, abrazarte, acariñar a túa pel de felpa...Non pode ser ! Ti vives no ceo, eu na terra. Querereite desde lonxe...só desexo que volvas e desapareza a soidade do meu corazón...

                                    Carolina Gómez Garrido, 1º ESO A

Rematamos o acto recitando o poema de Rosalía de Castro Non che digo nada... Claudia, Ana e Dakota (Accésits do certame) encargáronse das estrofas o público puxemos o acompañamento. 


Parabéns as gañadoras e participantes.






Grazas ao alumnado e profesorado que participou no acto.