Pan e Paz, audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.
07/03/13
HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA
Pan e Paz, audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.
06/03/13
DÍA DA MULLER TRABALLADORA: INVISIBLES
Así estamos no tocante a igualdade de xénero, vídeo da organización ATTAC
Xa diredes si están equivocados ou esaxeran
05/03/13
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Un pouco de historia
No corredor de entrada a biblioteca podes ver unha exposición con dibuxos de "O CARRABOUXO" elaborada polo EDLG
Tamén aquí
Presentación feita polos alumnos do PDC no IES Frei Martín Sarmiento..
Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.
Para saber mais:
CEIP de Malpica
Recursos CEIP Victor Saenz
01/03/13
NOVIDADES: VIDEO XOGOS
Acabamos de incorporar tres video xogos aos fondos da biblioteca.
IMPERIUM CIVITAS ANTHOLOGY
IMPERIVM CIVITAS ANTHOLOGY (PC)
Construír un Imperio, converterse nun Emperador romano, este é o reto que che propón Imperium Civitas.
FIFA 13 (PC)
Non precisa presentación.
27/02/13
IMAXE DO DÍA
A revista especializada en literatura xuvenil El templo de las mil puertas proponnos este manifesto a favor da Literatura Xuvenil nun vídeo de stop-motion.
26/02/13
CERTAME AMOR! AMOR? ENTREGA DE PREMIOS
Hoxe A Esperela viviu un momento importante, entregamos os premios do certame de microrelatos.
Podedes ver as gañadoras e ler os textos premiados.
| Yael e Carolina preparadas para ler os seus textos |
Lembranzas
Nunca poderei esquecer as moitas sensacións que percorrían con rapidez cada un dos recuncho do meu corpo. Non podo...sei que xamais poderei, xa que anque poña esmero en botarte das miñas lembranzas, os teus ollos, vivaces e cheos dunha contaxiosa esperanza, aparecen en canto o mais mínimo descoido domíname.
Aquí estou, mirando afanado os astros do ceo, cada un deses corpos distantes, como ti, que parpadean no manto escuro desta repetitiva noite de lembranzas dolorosas.
Así que, con coidado, deixo as rosas no teu leito eterno e repito a mesma promesa, desexando que dalgún modo me escoites:
- Esquecerte?...Nunca

Yael Gómez Blanco. 3º ESO B
Texto gañador na categoría de 1º Ciclo da ESO:
O lobo e a lúa
Onde estás miña amada? Ven a noite...non te atopo! A túa luz foise apagando ata que chegou a escuridade. Ti, que sempre me acompañas e, agra déixasme só! Sento morriña da túa beleza, do teu brillo, da túa forza magnética...
Lembro os teus prateados cabelos e os teus fermosos ollos azuis que me miran fixamente, mentres eu docemente ouveo.
Lembro os teus prateados cabelos e os teus fermosos ollos azuis que me miran fixamente, mentres eu docemente ouveo.
Sei que o noso é imposible, quixera bicarte, abrazarte, acariñar a túa pel de felpa...Non pode ser ! Ti vives no ceo, eu na terra. Querereite desde lonxe...só desexo que volvas e desapareza a soidade do meu corazón...
Carolina Gómez Garrido, 1º ESO A
Rematamos o acto recitando o poema de Rosalía de Castro Non che digo nada... Claudia, Ana e Dakota (Accésits do certame) encargáronse das estrofas o público puxemos o acompañamento.
Parabéns as gañadoras e participantes.
Grazas ao alumnado e profesorado que participou no acto.
23/02/13
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
| Creado por Rosana Rodiles. CEIP de Pazos (Ferrol) |
A Esperela, xunto as bibliotecas escolares galegas, súmase á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" do noso país.
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego, consolidando definitivamente o Rexurdimento da nosa literatura.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á
cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do
nacemento de Rosalía de Castro. Tamén promove recitados dos poemas de Cantares Gallegos nos centros de ensino.
Na Esperela faremos o noso recitado o día 26 despois da entrega de premios do Certame Amor? Amor! en 100 palabras. Non faltedes.
O IES de Poio e o IES Ribeira do Louro (O Porriño), en colaboración ofrécennos: Cantares fronte á adversidade. Constelación poética...
Moitas grazas por traballo tan fermoso.
21/02/13
JORGE PETEIRO
Falece Jorge Peteiro, un dos pintores galegos de referencia.
O artista coruñés morreu onte na súa casa estudo de Sada. A súa peculiar obra é recoñecida en todo o mundo:
«Si de algo estou orgulloso é de que o meu estilo sexa recoñecido»
Nacido na Coruña fai 53 anos, Jorge Peteiro iniciara a súa carreira artística nos anos setenta. Entre
1973 e 1977 participou activamente en grupos de teatro independente, na
creación dun dos primeiros fanzines da cidade e pintou os seus primeiros
murales. No 77 trasládase a Santiago para estudar Psicoloxía e
Empresariais e entra en contacto con grupos de clara tendencia
contracultural. Foi unha época de longas viaxes por museos e cidades de
Italia, Francia e España, ata radicar en 1979 na Escola de Belas Artes
de San Carlos, Valencia, na que obtivo a licenciatura.
Peteiro é o autor do peixe serra da Casa dos Peixes, Acuario da Coruña
|
«A xente está cansada de ver sempre máis do mesmo e isto é unha linguaxe
persoal que a xente agradece, igual que a cor ou as composicións que
realizo». «A miña pintura é amable para o público, pero non para os
críticos ou os galeristas. É alegre, si, divertida, atractiva. A miña
pintura quere potenciar a vida, pero a vida boa, a do xogo e a alegría, a
vida de verdade. E para iso non ten por que haber límites para unha
persoa normal».
Desde A Esperela queremos expresar o noso sentir pola gran perdida que significa para a arte. Un exemplo de coherencia e saber transmitir as emocións.
16/02/13
7 MANEIRAS DE LER E ESCRIBIR
Seguimos aportando pistas para ler e escribir. Lembrade que o prazo para presentar os vosos traballos para o Certame Amor? Amor! en cen palabras remata o día 21 de febreiro as 12:30.
Gozade desta presentación e Animádevos a participar
http://prezi.com/m72b7sga48jg/7-maneras-de-leer-mejor/
14/02/13
CERTAME AMOR. UNHA AXUDA
Decálogo
para escribir microcontos
1.
Un microconto é unha historia mínima que non necesita máis ca unhas poucas
liñas para ser contada, e non o resumo dun conto máis longo .
2. Un microconto non é unha anécdota nin unha ocorrencia. Coma todos os relatos, o microconto ten presentación, nó e desenlace e o seu obxectivo é contar un cambio, como se resolve o conflito que se suscita nas primeiras liñas.
3. Habitualmente o período de tempo que se conte será pequeno. É dicir, non transcorrerá moito tempo entre o principio e o final da historia.
4. Convén evitar a proliferación de personaxes. Polo xeral, para un microconto tres personaxes xa son multitude.
5. O microconto adoita suceder nun só escenario, dous como máximo. Son raros os microcontos con escenarios múltiples.
6. Para evitar alongarnos na presentación e descrición de espazos e personaxes, é aconsellable seleccionar ben os detalles cos que serán descritos. Un detalle ben elixido pode dicilo todo.
7. Un microconto é, sobre todo, un exercicio de precisión no contar e no uso da linguaxe. É moi importante seleccionar drasticamente o que se conta (e tamén o que non se conta), e atopar as palabras xustas que o conten mellor. Por esta razón, nun microconto o título é esencial: non debe ser superfluo, é bo que entre a formar parte da historia e, cunha extensión mínima, ha de desvelar algo importante.
8. Aínda tendo en conta a súa reducida extensión e o mínimo do suceso que narran, os microcontos adoitan ter un significado de orde superior. É dicir, contan algo moi pequeno, pero que ten un significado moi grande.
9. É moi conveniente evitar as descricións abstractas, as explicacións, os xuízos de valor e nunca hai que tratar de convencer o lector do que ten que sentir. Contar contos é pintar con palabras, debuxar as escenas ante os ollos do lector para que este poida conmoverse (ou non) con elas.
10. Pensa distinto, non te conformes, fuxe dos tópicos. Un non escribe (nin microcontos nin nada) para contar o que xa se dixo mil veces.

Tradución ao galego de: http://www.escueladeescritores.com
Escribe, inventa, sinte, fainos sentir, comparte sentimentos... PARTICIPA
04/02/13
V CERTAME AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS
BASES DO V CERTAME
AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS
EDLG / Biblioteca A
Esperela
IES O MOSTEIRÓN (SADA)
Primeira. Os
participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas ‑e non
premiadas noutros certames‑ no xénero literario que desexen, ben en prosa, en
verso ou en ambas as modalidades. A temática
será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
Segunda. As
obras deberán ter unha extensión máxima
de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a
ordenador.
Terceira.
Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón
(Sada). O prazo de presentación
abrirase o día 5 de febreiro de 2013
no primeiro recreo e remata o 21 de
febreiro no segundo recreo.
Cuarta. Os
microrrelatos entregaranse na biblioteca
durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra.
Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do
microrrelato e o pseudónimo por fóra‑ no que se indique o nome completo e a
clase do autor ou autora do texto dentro.
Quinta. Os
traballos serán expostos, segundo se
vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
Sexta. As
obras serán avaliadas por unha comisión
designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da
Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos
gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para 2º ciclo da ESO.
Sétima. O anuncio das obras gañadoras do certame
farase o día 26 de febreiro. Terá lugar na Biblioteca A Esperela no segundo
recreo.
Oitava. Os
gañadores recibirán un premio sorpresa.
Novena. A
participación no certame implica a aceptación destas bases.
Sada, 4 de febreiro de 2013
Neste enlace podedes ler algúns textos sobre o amor seleccionados por As zocas faladoras (Biblioteca do IES de Poio)
Animádevos a participar
01/02/13
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver!
Omar Manuel Silva Lozano, 1º ESO B
Obra biográfica sobre Mohandas Karamchand Gandhi. Al principio del libro cuenta que a Gandhi cuando era joven le gustaba vestir de forma muy elegante. Al acabar el instituto se fue a estudiar a Inglaterra la carrera de derecho.
A lo largo de su vida hizo muchas huelgas de hambre y participó en manifestaciones, siempre por el bien de la India. El mayor logro de su vida fue conseguir la independencia de su país, la India.
Murió asesinado el 30 de enero de 1948. Actualmente está considerado como una de las personas más importantes del siglo XX.
30/01/13
VIDEOS PARA A PAZ.
Sinopse:
Un humilde barbeiro xudeu ten un parecido asombroso co ditador da nación "Tomania", quen promete sacala adiante e culpa aos xudeus da situación do país. O ditador ataca ao país fronteirizo, pero é confundido co barbeiro polos seus propios gardiás, sendo ingresado nun campo de concentración. Simultaneamente, o pobre barbeiro é confundido co ditador e vese na obriga de exercer...
Presentamos o discurso final da película, unha alegación en contra da guerra e de toda forma de discriminación racial.

Non deixes de ver a obra completa, a túa disposición na biblioteca, ou aquí
29/01/13
SEMANA DA PAZ: CINE E LITERATURA

Presentamos hoxe unha película clásica titulada "CUANDO EL VIENTO SOPLA" baseada na novela gráfica de Raymond Briggs co mesmo nome.
Jim
e Hilda Bloggs son unha parella de xubilados que viven nunha remota
zona rural de Gran Bretaña pouco antes do inicio dunha guerra nuclear.
Profundamente patriotas, teñen absoluta confianza no seu goberno e
informáronse sobre todo o que é necesario facer no caso de que o inimigo
ataque o seu país. Jim leu os folletines oficiais sobre a bomba
atómica, e inicia a construción dun refuxio que lles protexerá en caso
dunha explosión nuclear.
27/01/13
SEMANA DA PAZ. HORA DE LER
Durante a semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro na hora de ler (3ª Hora: 10: 30) leremos textos sobre a Paz en todas as clases.
Na sa de profesores dispoñemos de un cartafol con textos seleccionados para presentarlle ao alumnado.
Tamén podes consultar:
-Textos breves
-Poemas
-Recursos Espazo Abalar
Vén de rematar o ano do centenario de Celso Emilio Ferreiro, quen nos deixou o poema “Irmaus“ e do libro “Viaxe ao país dos ananos” escollemos o poema “Agardarei”.
-"Imagine "
-Mais cancións

"Grazas por pacificar"
25/01/13
UNHA ESCRITORA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA ACADEMIA
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na
Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,
escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre
asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos
de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á
escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares
Na Esperela podes ler estas obras da autora:
24/01/13
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
Como sabedes o día 30 de xaneiro é o Día Escolar pola Paz, conmemoramos o 65º aniversario da morte de Gandhi (1948-2013). Con tal motivo iniciamos unha serie de entradas sobre o tema. Esperamos que nos axuden a "pacificar" o mundo.
JOSÉ MÚJICA, Presidente do Uruguai, o presidente mais humilde do mundo. Dez minutos cargados de contido, en contraposición a tanto discurso baleiro dos políticos. (Cumbre Río +20 / 20.6.12 )
18/01/13
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
*O prazo da presentación dos traballos remata o 14 de marzo do 2013.
*Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
* Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais
que non publicaran nunca obra nin en álbums nin en revistas e que
non gañaran en anos anteriores.
* Categoría escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.
* Categoría escolar para alumnado ata 14 anos.
O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá
presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros
concursos.
Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima
de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os
traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
Calquera información sobre os *V Encontros de BD na Mariña,* atoparédela no blog http://bandadesexada.blogspot. com.es/
13/01/13
10/01/13
HORA DE LER: CALENDARIO 2ª AVALIACIÓN
CURSO
2012/2013 A ESPERELA
HORA
DE LER
HORARIO
2ª AVALIACIÓN
|
SEMANA
|
HORA
|
|
8-
11 XANEIRO
|
6ª
|
|
14-18
XANEIRO
|
1ª
|
|
21-
25 XANEIRO
|
2ª
|
|
28-
1 FEBREIRO
|
3ª
|
|
4-
8 FEBREIRO
|
4ª
|
|
11-
15 FEBREIRO
|
5ª
(ENTROIDO)
|
|
18-22
FEBREIRO
|
6ª
|
|
25-
1 MARZO
|
1ª
|
|
4-
8 MARZO
|
2ª
|
|
11-15
MARZO
|
3ª
|
|
18-22
MARZO
|
4ª
|
TEMPO
ADICADO: (15 MIN DIARIOS)
- Nas gardas de aula, a criterio do profesor/a de garda.
- Outros momentos que se poidan decidir entre profesorado e alumnado.
CURSOS
CON DESDOBRES, OPTATIVAS,..
Os
libros estarán ao seu dispor na aula de referencia. Cando
corresponda a hora de ler con materias diferentes (Optativas), o
alumnado levará con el o seu libro de lectura.
No
caso de 3º e 4º PDC, dado que a maior parte das materias as
imparten na súa propia aula, disporán dunha cesta específica e
realizarán a actividade na súa aula ou co resto do grupo segundo
corresponda. (Se é preciso levan o libro nos seus desprazamentos)
Cando
coincide con EDF, Música, EPV, Desdobres, Conversación de
Inglés, laboratorio,....materias que se imparten na súa
propia aula, é decisión de cada profesor/a facer a lectura na aula
do grupo ou na aula correspondente, para o que o alumnado leva
consigo o libro. (No caso das linguas, o profesorado tamén pode
aproveitar para ler en voz alta unha obra na lingua correspondente)
GRAZAS
E FELIZ LECTURA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)