Como sabedes este ano o dia das letras galegas esta dedicado a Roberto Vidal Bolaño. Para coñecer un pouco mellor ao autor gozade destes vídeos elaborados no CPI Dos Dicens, Rois.
04/05/13
27/04/13
SALVAGARDEMOS ESTA BELEZA
![]() |
«Pobladores do mundo, salvagardemos esta beleza, non a destruamos» (Primeiras palabras pronunciadas desde o espazo por Yuri Gagarin o 12 de abril de 1961)
Esta
animación interactiva mostra moitas das escalas coñecidas do Universo. Ao mover a
barra de desprazamento que hai na parte inferior móstrase a diversidade
de tamaños . Ao facer clic nos diferentes elementos, aparece unha
información descriptiva. (Clica na imaxen ou no enlace de abaixo. Grazas)
http://htwins.net/scale2/lang.html
23/04/13
DÍA DO LIBRO: ENTREGA DE PREMIOS
Hoxe durante o recreo entregamos os premios do concurso Fotolibro 2013.
A continuación podedes ver as fotos participantes e as gañadoras. Parabéns
A continuación podedes ver as fotos participantes e as gañadoras. Parabéns
Finalizamos o acto de entrega de premios lendo o texto de Paula Carballeira "Só un libro" e levamos de agasallo o marcapáxinas co texto.
Para os que non puidestes participar hoxe, tamén vos espera un marcapáxinas na biblioteca.
Grazas pola participación
22/04/13
23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO
A UNESCO proclamou o 23 de abril Día Mundial do Libro por coincidir nesta
data acontecementos literarios importantes a nivel interncional, o
falecemento de Cervantes e Shakespeare entre outros.
«O
libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que
contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A
diversidad de libros e de contidos é unha fonte de enriquecimiento que
debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando
contra a uniformización cultural.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2013.Un video para ilustrar a mensaxe anterior
A mellor homenaxe que podemos facerlle ao libro é, sen dúbida, perdernos entre as súas páxinas,
regalarnos un tempo de lectura e compartir con outros o lido.
Coma en anos anteriores, contamos cun texto orixinal co que PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro),
agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto
no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis
novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Aquí tendes un fragmento
Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
Pódese descargar AQUÍ
Para conmemorar a data durante o segundo recreo entregaremos os premios do Concurso Fotolibro.
Non faltedes, haberá unha sorpresa para os asistentes.
Feliz día do libro.
Grazas
Grazas
21/04/13
DÍA DO LIBRO: DEREITOS DO LECTOR
O día 23 é o Día do libro, para ir pensando no tema podedes ler os dereitos do lector, o libro de pouco sirve si non hai lectores
Texto de Daniel Pennac
Ilustracións de Quentin Blake
Tradución IES As Mariñas
Si queres ler o texto completo de D. Pennac tes que pedir na biblioteca: Como una novela
15/04/13
11/04/13
UBUNTU
Como
sabedes os ordenadores das aulas Abalar e da biblioteca funcionan co
sistema operativo Ubuntu, propoñémosvos coñecer o significado desa
palabra escoitando a Nelson Mandela
| Para mais información clica na imaxe |
09/04/13
JOSÉ LUIS SAMPEDRO
Un economista que sempre tivo presente que o mercado debería estar ao servizo da colectividade.
Uns libros para ler e... ler e... ler.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Vía Rede Lectura
Obras de José Luis Sampedro na biblioteca:
- La vieja sirena
- Tamén podes ler a versión en galego Indignádevos
GRAZAS JOSÉ LUIS POLO TEU TESTEMUÑO DE VIDA COHERENTE
- La vieja sirena
- Tamén podes ler a versión en galego Indignádevos
03/04/13
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
27/03/13
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA ESPERELA
BASES DO CONCURSO
FOTOLIBRO
II EDICIÓN
![]() | |
| Todos leemos. Alejandro Ennes |
Segunda. As fotos deberán levar
un título e o nome d@ autor@. Cada un
participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..
Terceira. Poderá
participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón
(alumnado, profesorado, persoal do centro.pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 1de abril
e rematará o 18 de abril de 2013.
Cuarta. As fotografías,
co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte
enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome
do autor e o título da fotografía por fora.
Quinta. Os
traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares
visibles e accesibles do centro.
- Do 8 de abril o 19 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
- Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
- A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
- Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima. O anuncio
das fotos gañadoras do concurso farase o día 23 de abril. Terá lugar
na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.
Oitava. Os gañadores
recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.
Novena. A biblioteca
resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.
Décima. A participación
no certame implica a aceptación destas bases.
Animádevos a participar. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais
fotografías que na do ano pasado.
24/03/13
SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA
Repaso rápido do que foron as actividades desenvolvidas durante esta semana intensa e chea de poemas.
Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos
Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach
Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos
Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach
Recital na biblioteca e Recital multimedia de Yolanda Castaño:
Recitando poemas. Recital Yolanda Castaño on PhotoPeach
Grazas por participar e gozar da poesía
19/03/13
A VOZ DOS POETAS
Semana da poesía: A voz dos poetas.
Despois de escoitar na biblioteca algúns poemas recitados polos seus autores e poemas musicados, podedes seguir "poetizándovos" nos enlaces seguintes.
Despois de escoitar na biblioteca algúns poemas recitados polos seus autores e poemas musicados, podedes seguir "poetizándovos" nos enlaces seguintes.
LOIS PEREIRO (Audios)
Antología Poética Multimedia. Unha selección de poemas musicados
Esperamos que sigades gozando da poesía.
14/03/13
SEMANA DA POESÍA, DO 18 AO 22 DE MARZO
HORA
DE LER: 4ª Hora (11:20- 12:10). Lectura de poemas nas aulas.
(O profesorado ten a súa disposición un cartafol con poemas na sala
de profesores).
LUNS
18 e MARTES 19, 2º Recreo, na biblioteca:
MÉRCORES
20. “Xoga cos versos e compón un soneto”. Durante os
recreos poderemos compoñer sonetos xogando con versos
escritos por diferentes autores.
XOVES
21: Día da poesía. RECITAL POÉTICO. Un grupo
de compañeiros /as recitaran para todos, 2º Recreo.
VENRES
22. 12:30, Salón de Actos. YOLANDA CASTAÑO: Recital
multimedia. Combinación de recital de textos propios con
proxección de videopoesía e pezas de audio pregravado. Un novo e
atractivo xeito de comunicar a poesía facéndoa dialogar coa
linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.
PARTICIPADE
E GOZADE DA POESÍA
GRAZAS
12/03/13
IMAXE DO DÍA
El Mar, El Mar Y Tú
El mar, el mar y tú, plural espejo,
el mar de torso perezoso y lento
nadando por el mar, del mar sediento:
el mar que muere y nace en un reflejo.
El mar y tú, su mar, el mar espejo:
roca que escala el mar con paso lento,
pilar de sal que abate el mar sediento,
sed y vaivén y apenas un reflejo.
De la suma de instantes en que creces,
del círculo de imágenes del año,
retengo un mes de espumas y de peces,
y bajo cielos líquidos de estaño
tu cuerpo que en la luz abre bahías
al oscuro oleaje de los días.
el mar de torso perezoso y lento
nadando por el mar, del mar sediento:
el mar que muere y nace en un reflejo.
El mar y tú, su mar, el mar espejo:
roca que escala el mar con paso lento,
pilar de sal que abate el mar sediento,
sed y vaivén y apenas un reflejo.
De la suma de instantes en que creces,
del círculo de imágenes del año,
retengo un mes de espumas y de peces,
y bajo cielos líquidos de estaño
tu cuerpo que en la luz abre bahías
al oscuro oleaje de los días.
Octavio Paz
Xa remata o inverno... o mar quere despedirse con forza.
10/03/13
10 ANOS DE GALIPEDIA
O 8 de marzo cumpríronse 10 anos da aparición da GALIPEDIA.
Parabéns dende A Esperela a esta imprescindible ferramenta de consulta e difusión da nosa lingua.
GRAZAS
07/03/13
HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA
Pan e Paz, audiovisual realizado por radialistas.net no que se fai unha breve cronoloxía histórica do 8 de marzo.
Mujeres- Silvio Rodríguez. Unha canción que resume o inmenso valor da muller no devir da vida.
A canción Centeás, de Luar Na Lubre, é unha homenaxe ás mulleres traballadoras. Centeás - Camiños dá Fin dá Terra (2007)
Dende A Esperela o noso recoñecemento e gratitude.
06/03/13
DÍA DA MULLER TRABALLADORA: INVISIBLES
Así estamos no tocante a igualdade de xénero, vídeo da organización ATTAC
Xa diredes si están equivocados ou esaxeran
05/03/13
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Un pouco de historia
No corredor de entrada a biblioteca podes ver unha exposición con dibuxos de "O CARRABOUXO" elaborada polo EDLG
Tamén aquí
Presentación feita polos alumnos do PDC no IES Frei Martín Sarmiento..
Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.
Para saber mais:
CEIP de Malpica
Recursos CEIP Victor Saenz
01/03/13
NOVIDADES: VIDEO XOGOS
Acabamos de incorporar tres video xogos aos fondos da biblioteca.
IMPERIUM CIVITAS ANTHOLOGY
IMPERIVM CIVITAS ANTHOLOGY (PC)
Construír un Imperio, converterse nun Emperador romano, este é o reto que che propón Imperium Civitas.
FIFA 13 (PC)
Non precisa presentación.
27/02/13
IMAXE DO DÍA
A revista especializada en literatura xuvenil El templo de las mil puertas proponnos este manifesto a favor da Literatura Xuvenil nun vídeo de stop-motion.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







