26/01/12

CHICO & RITA

Na Esperela tedes esta adaptación da película do mesmo nome. Chico & Rita é unha novela gráfica resultado do difícil traballo de facer unha adaptación á inversa. Este é un libro que xorde polo éxito da película.
Na Cuba de finais dos anos 40, Chico e Rita inician unha apaixonada historia de amor. Chico é un mozo pianista namorado do Jazz e Rita soña con ser unha gran cantante.
Dende a noite en que se coñecen nun baile na Habana, a vida vainos unindo e separando coma   personaxes dun bolero.
A película, dirixida por Fernando Trueba e o debuxante Javier Mariscal, gañou moitos premios europeos e opta este ano a un Óscar  como mellor filme de animación. A música, fundamental, é de Bebo Valdés.


Buscádeo na Esperela!

4 comentarios:

  1. Buscaremos , buscaremos...

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Belén, por visitar o noso blog! ;))

    ResponderEliminar
  3. A película é preciosa, unha historia de amor de moitos anos, os debuxos en movemento, a música, paga a pena verla. Paréceme increible que debuxos tas sinxelos poidan trasmitir tanta forza e tanto sentimiento. Petición: para cando a peli na biblioteca?

    ResponderEliminar
  4. Pois esperemos que leve o Óscar!
    A peli tamén chegará a Esperela, seguro! :)

    ResponderEliminar