Unha narración é o relato de feitos reais ou imaxinarios que suceden a personaxes verdadeiros ou ficticios, nun lugar e nun tempo determinados. Estes relatos adoitan presentar tres partes: presentación, nó e desenlace.
Na presentación aparecen os elementos e personaxes fundamentais e sitúanse os feitos nun lugar e nun tempo. No nó aparece e desenvólvese o conflito, é o momento de maior interese, o momento da intriga. O desenlace é o episodio final no que se resolve ou finaliza o conflito.
Dependendo da obra, ou do autor, ese nó será máis ou menos simple, complexo, fantástico, estético, violento...
Os nós están cargados de simbolismo aínda que non acabo de pillar algúns. Temos que falar sobre isto.
ResponderEliminarPois eu creo que pillo todos...
EliminarFalaremos, falaremos :))
Boísimos, que capacidade de síntese!
ResponderEliminarSon moi chulos, verdade?
EliminarGrazas por visitarnos, Marta.