O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA
GALEGA E A BIBLIOTECA A ESPERELA CONVÌDANTE A:
Xogar co tempo VIAXANDO POLAS ESTACIÓNS, entrando e saindo das semanas esvarando polo medio dos días, p a r à n d o s e e n c a d a m e s ...
Presenta a túa idea para un calendario mural, de mesa e outro de peto para o ano 2014
Bases:
1ª- O concurso está aberto a todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexen participar. Cada concursante poderá presentar só unha obra para cada unha das modalidades.
2ª- O traballo deberá ser orixinal. Os participantes poden facelo nas seguintes modalidades:
- Deseño de un calendario do ano 2014 en tamaño mural (para colgar nas paredes)
- Deseño de un calendario do ano 2014 para mesa
- Deseño dun calendario tamaño “peto” para distribuír entre os membros da comunidade educativa do instituto.
3ª- A técnica dos traballos: pode
ser fotografía, debuxo dixital ou debuxo en papel, tanto a cor como
en branco e negro, etc.
4ª- A temática, aínda que libre, deberá incluir:
- O calendario mural ten que incorporar un motivo para falar, ler, empregar o galego para cada un dos meses do ano. Pódese engadir un slogan que encabece o ano.
- O calendario de mesa ten que incorporar un slogan para o ano.
- O calendario de peto ten que incorporar unha foto orixinal sobre o galego: falar, ler,...en galego. No reverso incorporar o calendario do ano.
5ª- Os orixinais enviaranse como documento achegado por correo electrónico ao enderezo: aesperela@gmail.com. Os traballos deben presentarse en formato de imaxe, preferiblemente JPG, PDF. ( No asunto do correo especificar nome e curso do autor/a)
Tamén podes entregalos en formato
papel - mellor tamaño DIN A4- na biblioteca, protexidos dentro
dunha funda de plástico, na que tamén irá un pequeno sobre pechado
no que figure por fóra o título do traballo e dentro os datos da
identidade do autor /a.
6ª- O prazo de entrega de orixinais
ábrese o 26 de novembro e pechase o 13 de decembro as 24:00
horas.
7ª- O xurado estará formado por membros do EDLG e A Esperela. Emitiran o seu fallo o día 16 de decembro, as 12: 15 hs. Na biblioteca.
8ª- A decisión do xurado será inapelable.
9ª- O xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto.
10ª- Establecese un premio para cada unha das modalidades: Mural, mesa e Peto. Os gañadores veran a súa obra publicada e distribuída.
En Mosteirón a 26 de novembro de 2013.
Anímate e participa
Ningún comentario:
Publicar un comentario