28/11/13

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!
Alejandro Pose Rial, 4º ESO
Fairy Tail é un manga creado por Hiro Mashima.

Conta a historia dun  mago novo, chamado Natsu, na busca do seu mestre e pai adoptivo: Igneel, que resulta ser un dragón. Por iso unese a Fairy Tail, un gremio de magos que é famoso polos estragos e danos que provocan en diversas cidades (o cal non debería ser así). 
O mundo de Fairy Tail xira arredor dos magos (pouco teñen que ver coa idea xeral do mago común) que realizan encargos a cambio de diñeiro, similar a un cazarecompensas. Natsu coñece a Lucy, unha guapa rapaza cuxo sono era ingresar nun gremio de magos, especificamente en Fairy Tail, o cal consegue grazas á axuda de Natsu. De aí en diante, a historia segue os movementos desta parella de magos, vense envoltos nun sen número de aventuras antes de conseguir a meta final de encontrar a Igneel.

Fairy Tail destaca por ter uns personaxes supercarismáticos cos que te encariñas deseguida (co seu propio pasado e motivacións e cada un con certo halo de misterio (algúns máis que outros)). Unha trama sólida que engancha case dende o principio (xoga co suspense e a acción, con enigmas que se presentan, que pode que non sexan importantes para a historia xeral, pero que che fan comer a cabeza) e sobre todo por esa dose de combates; típicas dos shonen.
Por outro lado o estilo de debuxo é moi dinámico e actual, seguindo a liña  doutros autores de renome como Eiichiro Oda (One Piece) ou Akira Toriyama (Dragón Ball).
Como punto débil, cabería dicir que ao autor non se lle dan moi ben as presentacións de personaxes, polo que os primeiros capítulos son un pouco monótonos e lle custa arrancar, pero chegado certo momento a trama movese soa.
Recoméndovolo se vos gusta o xenero de acción-fantasia, a maxía e as pelexas. 

1 comentario:

  1. Grazas Alejandro por unha recomendación tan complete e traballada.

    ResponderEliminar