RESPOSTAS AS PREGUNTAS DA SEMANA PASADA
1º
e 2º ESO
RESPOSTA
Nas
saídas ao campo, todo bo excursionista ten que contar con recursos
para emerxencias, ou tomar decisións importantes.
Existe
un xeito de calcular canto tempo falta para que o Sol se poña
utilizando unha parte do corpo. É un método que todo participante
nas carreiras de orientación coñece.
Cal
é este método?
O
método consiste en empregar a man para medir ángulos: catro dedos
equivalen aproximadamente a 15º, é dicir, a unha hora de luz, xa
que o ancho de cada dedo corresponde mais o menos a 15 minutos de luz
solar.
Bibliografía:
Banqueri Foros, E. Orientaciones y mapas (página 31) Editorial Parramón
Bibliografía:
Banqueri Foros, E. Orientaciones y mapas (página 31) Editorial Parramón
3º e 4º de ESO
Resposta
Cal é a razón técnica pola que os ordenadores utilizan o código
binario?
… O sistema binario emprégase nas calculadoras e procesadores nos que os
medios de almacenamento de datos e transmisión de información son elementos
físicos que poden adoptar dous estados: presencia ou falta de corrente,
magnetización nun sentido ou no oposto,…
BIBLIOGRAFÍA
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL. Editorial “Ir Indo”. Tomo 3.
binario>sistema binario
HART-DAVIS, ADAM. Ciencia. Editorial AKAL. Páx. 175. Código binario.
NOVAS PREGUNTAS. ÚLTIMA SEMANA DE CONCURSO
1º
e 2º ESO
PREGUNTA
Pódense
cocer ovos no cume do monte Everest?
3º
e 4º ESO
PREGUNTA
A
EVOLUCIÓN DAS ESPECIES
Poucos
biólogos tiveron tanta influencia como Charles Darwin.As súas ideas
non só explicaban o modo en que toda a vida chegou a existir,senón
que mostraban ,ademais, o lugar que o ser humano ocupa,na árbore da
evolución dos seres vivos.Darwin propuxo a primeira teoría da
evolución que aportaba probas sólidas.Pero este gran científico
sentía medo á oposición e rexeitamento que unhas ideas tan
innovadoras provocarían na sociedade da época ,e incluso pensaba en
retrasar a publicación do seu libro “ A orixe das especies “ ,
ata despois da súa morte. As súas dúbidas remataron gracias a
unha soa carta.
Que científico lle
enviou esta famosa carta e por que tivo tal efecto
en Darwin?
Dende
que zona do mundo,onde facía dito científico as súas observacións,
lla enviou?
VEÑA QUE QUEDA POUCO
Ningún comentario:
Publicar un comentario