14/03/12

AKIRA YOSHIZAWA


Akira Yoshizawa (que morreu en Tokio o 14 de marzo de 2005) foi un notable mestre do origami xaponés, que é a arte de dobrar papel para crear figuras (a palabra origami procede dos vocablos xaponeses "oru", dobrar, e "kami", referido ao papel).

Recoñéceselle elevar o origami desde a artesanía ou o simple pasatempo á súa condición artística, sendo por tanto un dos "pais do origami". Calcúlase que creou máis de 50.000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros. 
Na tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca utilizou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.
Mirade algunhas das súas creacións:


6 comentarios:

  1. Que bonitos! e todos feitos sen pegamento e tesoiras ! É incrible !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Belén, a min encántame a papiroflexia!

      Eliminar
  2. Anónimo9:35 p.m.

    E pensar que para facer un "barquiño" de papel teño que pedir axuda a Astano

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jeje, Anónimo, isto do origami non é fácil...

      Eliminar
  3. Anónimo3:06 p.m.

    qué pedazo de artista, gracias a esperela por amosarnos tanta beleza

    ResponderEliminar