17/03/12

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O próximo día 21 celebraremos na Esperela o día mundial da poesía. Se queredes saber como o faremos, estade atentos a este blog. De momento, aquí tedes cinco motivos para ler poesía según o escritor Fran Alonso.



«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»(Recollido en Bibliotecas Escolares de Galicia)

6 comentarios:

  1. Anónimo3:01 p.m.

    Todo é poesía, coido que é o resumo máis fermoso...

    ResponderEliminar
  2. Gústame moito como Fran Alonso nos dá motivos para non terlle medo á poesía.
    Rebate moitos dos prexuízos que temos antes de abrir un libro de poemas.Propóñovos ampliar o cartaz un pouquiño para lelos mellor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa, Belén, non creas que non o intentei, pero quedaba peor, máis borroso ainda... :(

      Eliminar
  3. Por se serve poder ler aquí mellor:

    MOTIVOS PARA LER POESÍA
    A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin dificil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
    A poesía seve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnifero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no diccionario.
    Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza maís fria, ou deixalos sobre a cama para lelos pola noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.
    A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no vater, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
    O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuila. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesia un pracer.
    FRAN ALONSO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Belén. Si, está mellor así.
      Gústame a parte de "...no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto..."

      Eliminar