15/03/12

THE GODFATHER

Hoxe cúmprense corenta anos da estrea en 1972 da que para moitos é a mellor película da historia, O PADRIÑO, de Francis Ford Coppola, baseada no libro, O Padriño, de Mario Puzo. A publicación de  O Padriño en 1969 supuxo unha convulsión no mundo literario. Por primeira vez, a Mafia protagonizaba unha novela e era retratada dende dentro con acerto e verosimilitude. Mario Puzo presentábaa non coma unha mera asociación de facinorosos, senon coma unha complexa sociedade cunha cultura propia e unha xerarquía aceptada incluso máis aló dos círculos de delincuencia. O Padriño narra a historia dun home: Vito Corleone, o capo máis respectado de Nova Iorque.
Aquí o tedes nese momento memorable: 
"fareille unha oferta que non poderá rexeitar".


6 comentarios:

  1. A mellor pelicula da historia con diferencia!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo10:24 p.m.

    gran pelicula unha das mellores da historia do cine

    ResponderEliminar