19/10/12

OBRADOIRO DE MÚSICA ELECTRÓNICA

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés organiza un  obradoiro expreso de música electrónica creado por GoChi.
Sábado 20 de outubro, de 11 a 13 horas
Para maiores de 12 anos

Contido: pasos básicos e conceptos principais da música electrónica, composición de pequena peza musical en formato MP3. Uso de software específico de composicion musical dixital. Os asistentes que toquen algún instrumento,poden traelo á sesión.
Máximo 10 persoas.
Inscrición previa. De forma presencial na Biblioteca ou
enviando a solicitude que está dispoñible na web por correo electrónico a bppmgonzalezgarces@xunta.es


Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés
Calle Miguel González Garcés, 1 15008 A Coruña
Tel. / Fax 981-170218/19/30 http://rbgalicia.xunta.es/coruna/

Realizado por MOU compoñente do Colectivo Dios Ke Te Crew

16/10/12

PARABÉNS LORENZO SILVA

O autor Lorenzo Silva ven de gañar o Premio Planeta pola súa novela: "La marca del meridiano".


Nesta ocasión, o protagonista Bevilacqua, fincado en Madrid,  investigará un caso en Barcelona (entre as dúas cidades pasa o meridiano), que lle leva a remover o seu pasado e o de xente que "non deberían cruzar determinadas raias nin saltado códigos de honra e por iso deben pagar".
 Para saber máis sobre o autor:
Na biblioteca dispomos dos seguintes títulos:
- Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia 
- El cazador del desierto 
- La lluvia de París 
- Niños feroces 
- Los amores lunáticos 
Descobre o mundo de Lorenzo Silva nas súas obras

09/10/12

AXENDA ESCOLAR SADA


Hoxe repartimos entre o alumnado a axenda elaborada conxuntamente entre as bibliotecas escolares dos centros de Sada e financiada polo Concello.

Foi unha expereincia moi interesante xa que é a primeira vez que facemos unha actividade conxunta. Seguro que axuda a manter a colaboración.

Esperamos que sexa de utilidade.

GRAZAS  a todas as persoas e institucións participantes.

07/10/12

BENVIDA. CURSO 2012/2013

Dámosvos a benvida a un novo curso coa achega de Xosé Piriz, alumno de 2ºESO B, GRAZAS pola túa colaboración.
Nesta primeira entrega informamos do calendario da actividade HORA de LER, continuaremos disfrutando dela e coidando os libros dos que dispoñemos nas aulas.

Contamos con vos para continuar facendo recomendacións lectoras, comentarios no blog, achegarnos debuxos sobre a lectura, o libro...
Grazas

              CALENDARIO HORA DE LER
SEMANA
HORA
8- 11 OUTUBRO
15-19 OUT
22- 26 OUT
29- 31 OUT
5- 9 NOVEMBRO
12- 16 NOV
19-23 NOVEMBRO
26- 30 NOV
3- 5 DECEMBRO
10-14 DECEMBRO
(AVALIACIÓNS)?
17-21 DECEMBRO
(AVALIACIÓNS)?

TEMPO ADICADO: (15 MIN DIARIOS)
  • Nas gardas de aula, a criterio do profesor/a de garda.
  • Outros momentos que se poidan decidir entre profesorado e alumnado.
CURSOS CON DESDOBRES, OPTATIVAS,..
Os libros estarán ao seu dispor na aula de referencia. Cando corresponda a hora de ler con materias diferentes (Optativas), o alumnado levará con el o seu libro de lectura.

No caso de 3º e 4º PDC, dado que a maior parte das materias as imparten na súa propia aula, disporán dunha cesta específica e realizarán a actividade na súa aula ou co resto do grupo segundo corresponda. (Se é preciso levan o libro nos seus desprazamentos)

Cando coincide con EDF, Música, EPV, Desdobres, Conversación de Inglés, laboratorio,....materias que se imparten na súa propia aula, é decisión de cada profesor/a facer a lectura na aula do grupo ou na aula correspondente, para o que o alumnado leva consigo o libro. (No caso das linguas, o profesorado tamén pode aproveitar para ler en voz alta unha obra na lingua correspondente)

GRAZAS E FELIZ LECTURA

30/06/12

A ESPERELA COLLE VACACIÓNS

Con esta entrada despedimos o blogue por este curso. Foi moi gratificante abrir un espazo máis de comunicación no instituto, xunto coa WebFacebook e  Édelingua
Agradecemos o voso interese, participación e ánimo, con máis de 22.000 visitas e 1.200 comentarios. Somos afortunados por contar con lectores coma vós!


Pasade unha felices vacacións, lede moito e ata sempre.

28/06/12

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2012

Nas nosas recomendacións de verán, decidimos cambiar a presentación das lecturas e adoptar o modelo do Fotolibro, "Presume de ler e déixate ver", no que os protagonistas sodes vós e os libros que ledes. Damos as grazas a toda a comunidade educativa do IES O Mosteirón pola súa participación nesta e no resto das actividades que realizamos ao longo do curso.



        Feliz verán e felices lecturas!

25/06/12

DESPEDIDAS NO MOSTEIRÓN


O venres 22 despedimos o alumnado de 1º de bacharelato e 4º de ESO. 
Estas son as imaxes do día...

        


        


23/06/12

ADIÓS CON EL CORAZÓN!

A profesora de Economía e TIC, Elena Conde, é un luxo como compañeira e como profesional. Contar con ela nun instituto é garantía de calidade.
Aproveitamos o espazo deste blogue para agradecerlle a súa axuda, paciencia e disponibilidade SEMPRE. 
Mirade que vídeo de despedida montou co alumnado de 1* de bacharelato que ten que marchar este ano...

          

GRAZAS, ELENA!

22/06/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Coa recomendación semanal de Xosé Píriz poñemos fin ao Fotolibro
Grazas a tod@s por participar coas vosas recomendacións,
 por visitar o blogue e polos vosos comentarios.


Presume de ler e déixate ver!

Xosé Píriz Calvo, 1* ESO B
Barro de Medellín, Alfredo Gómez Cerdá
Esta é unha historia moi triste de Alfredo Gómez Cerdá, pero ten un punto de vista diferente, de xente pobre, de nenos con problemas.
O noso protagonista chámase Camilo e vai sempre acompañado do seu mellor amigo Andrés. Camilo sempre di que cando sexa maior quere ser ladrón, sen embargo, Andrés di que non.
O pai de Camilo é alcohólico e cada tarde pídelle a Camilo que lle traia unha botella de augardente, pero como Camilo non ten diñeiro e o seu pai non llo quere dar, Camilo limítase a roubala.
Nunhas semanas, Andrés e Camilo vivirán aventuras por todo Medellín.
Eu recomendo este libro porque é outro punto de vista, é diferente da vida cotiá, dos contos que acaban ben. Este libro gustoume moito a pesar de todo. Eu creo que a historia non trata só do protagonista que rouba e quere ser ladrón, creo que trata da amizade, da amizade que ten Andrés con Camilo.



21/06/12

RECORDAMOS A JEAN-PAUL SARTRE

O escritor e filósofo francés Jean Paul Sartre naceu en París o 21 de xuño de 1905.
Foi representante do existencialismo e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1964, premio que rexeitou explicando nunha carta á Academia Sueca que el tiña como norma declinar todo recoñecemento ou distinción e que os lazos entre o home e a cultura debían desenvolverse directamente, sen pasar polas institucións.
É autor de obras tan recoñecidas como La Nausée, Huis-clos, Le Mur, Les Mouches.


"O home está condenado a ser libre, non se comprometer é tamén unha forma de compromiso: é responsable diso".

20/06/12

EDUARDO GALEANO VISITA SANTIAGO



O pasado xoves, 14 de xuño, estivo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o escritor uruguaio Eduardo Galeano. O autor presentou o seu último libro, Los hijos de los días, que abrangue todos os días do ano, dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro. De cada día nace unha historia que atravesa as fronteiras do mapa e do tempo. 
O acceso era libre e a capacidade, para 500 persoas, quedou moi escasa... A nosa compañeira Elena Conde, que estivo alí e puido facer fotos e vídeo, tivo que esperar moita cola para poder entrar, pero saíu emocionada por poder disfrutar desta oportunidade única. 

19/06/12

OBRADOIRO DE CINE NO CGAI


O pasado venres 15 o alumnado de 4º de ESO do noso instituto fixo a presentación do obradoiro "O personaxe e as súas emocións" na sala de cinema do CGAI. Tres alumnas, Elena, María e Cristina, explicaron as características do proxecto e valoraron o que supuxo para elas entrar en contacto co mundo do cine como creadoras. Tamén contestaron as preguntas do público. 
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Mirade a gravación do obradoiro que se fixo dentro das nosas instalacións:

                          
E estas son algunhas fotos do acto de presentación:

18/06/12

JOSÉ SARAMAGO IN MEMORIAM



Hoxe cúmprense dous anos do pasamento de José Saramago, único escritor en lingua portuguesa cun Nobel de Literatura e un dos grandes autores do século XX. Escritor combativo e provocador, cidadán comprometido, mantivo unha postura ética e estética por riba de partidismos políticos, só comprometido co xénero humano.
Sufriu censura e persecución durante os anos da dictadura de Salazar, e tras a concesión do Nobel vivíu entre Lisboa e Lanzarote, cunha idea utópica de creación da Iberia unida.

16/06/12

SELECTIVIDADE 2012

O noso instituto está de noraboa: un 100% de aprobados na selectividade 2012!
Se hai uns días xa falabamos neste blogue das satisfaccións que nos daban estes alumn@s de bacharelato, agora quedamos sen palabras: cumpríronse todas as expectativas!
Neste ano tan difícil, é un especial motivo de ledicia ver estes resultados que non fan máis que confirmar a boa saúde do noso Centro. 
Grazas a tod@s polo esforzo e dedicación: alumnado, familias e profesorado.


PARABÉNS, NIÑITOS!!

15/06/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!

Jesica Cajigal Gómez, 1º ESO A
Los juegos del hambre-En llamas, Suzanne Collins

Kattniss y Peeta han sobrevivido a los juegos del hambre pero el juego de las bayas venenosas ha hecho que los distritos se rebelaran contra el capitolio. Ahora el capitolio se vengará y tendrán que volver a la arena para jugar en el vasallaje de los veinticinco un juego en honor a los tributos muertos. Pero Kattniss esta vez no quiere ganar, quiere salvar la vida de Peeta aunque eso signifique su muerte.
Recomiendo este libro porque una vez que empiezas a leerlo no puedes parar, es triste pero muy entretenido.


14/06/12

LEMBRANDO A BORGES


Un 14 de xuño de 1986 morría Jorge Luis Borges, un dos escritores máis importantes do século XX. A súa obra, fundamental na literatura e no pensamento universal, inclúe ensaios breves, contos e poemas e queda fóra de calquera clasificación.
O escritor arxentino ofrece nos seus textos a perfección da linguaxe, os coñecementos filosóficos e mitolóxicos, o universalismo das súas ideas, a orixinalidade nas ficcións e a beleza da súa poesía.
Destacamos o libro de contos El Aleph, lectura no terceiro trimestre do noso alumnado de 2º de bacharelato.

                         

13/06/12

ABRAHAM CARREIRO NA ESPERELA

O xoves 7 de xuño acompañounos na Esperela o coautor de Xoeliki. As aventuras dun ciberpiratatexto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. O alumnado de 1º da ESO leu a obra e tivo a oportunidade de coñecer a un dos seus autores grazas ao Departamento de Lingua Galega.

 Abraham “versión de Xosé Piriz”
 
 














O libro trata das aventuras dun neno de once anos que bota de menos o seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que nin de lonxe podería soñar. 

Comezou explicándonos como foron nacendo e medrando os personaxes, logo presentounos unha proxección na que foi amosando o proceso de elaboración da obra gráfica. O alumnado fixo moitas preguntas e Xosé Piriz (alumno de 1º B) entregoulle unha caricatura que foi debuxando mentres o autor explicaba o seu traballo. Gustoulle moito. Ao final asinou (debuxou) libros.


GRAZAS POR PARTICIPAR E APRENDER

12/06/12

IMAXE DO DÍA


"A imaxinación, non a intelixencia, é o que nos fai humanos".
                                                                             Terry Pratchett

11/06/12

PRESENTACIÓN DE ÉDELINGUA

O pasado venres 8, alumnado, profesorado e familias do IES O Mosteirón, ademais das autoridades máis representativas do Concello de Sada, acudimos á Casa da Cultura Pintor Lloréns para celebrar a presentación oficial do proxecto Édelingua.
O acto resultou emocionante e divertido a partes iguais, grazas ao traballo do Equipo de Dinamización e ás colaboracións do alumnado.
Destacamos a alegría de T. P.  ao saberse gañadora do Édelingua 2012,  a asistencia ao acto de ex-alumn@s moi querid@s, o merecido protagonismo dos irmáns González Garrido e a calidade das dúas últimas producións do Equipo: "O drama do cabalo de xadrez" e "A Filla da Ría de Prata".
Mirade as fotografías e veredes a ilusión en todas as caras:





Dende a Esperela, queremos felicitar a tod@s @s que formades parte de Édelingua, 
moi especialmente ao coordinador, Xosé Seoane Cao.
Grazas polo voso traballo!