18/06/13

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN


Un ano mais presentamos unha selección de obras para que gocedes durante o verán.



Non vaias de vacacións sen pasar pola biblioteca, podes levar ata 5 documentos diferentes. 
Feliz verán, felices lecturas.

12/06/13

12 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL



 
O tema deste ano é a difícil situación dos traballadores domésticos. Uns 10,5 millóns de nenos e nenas de todo o mundo, a maioría dos cales son menores de idade, traballan como traballadores domésticos nos fogares doutras persoas en condicións perigosas e nalgúns casos semellantes á escravitude.

Aquí podes coñecer algunhas testemuñas de nenas e nenos que viviron esta inxusta situación.

Para saber mais:

04/06/13

DMMA 2013




Seguindo o lema "Pensar. Comer. Conservar", o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, está fortalecendo a campaña contra a perda e desperdicio de alimentos, xunto coa promoción doutras actitudes, como a organización comunitaria de espazos públicos, a redución do uso de bolsas de plástico, ou buscar novas alternativas de medios de transporte, entre outras.

A idea é crear conciencia sobre os problemas do medio ambiente e conseguir que todos comprendan a súa responsabilidade, así como o seu potencial para converterse en axentes de desenvolvemento sostible e equitativo, ademais de difundir información sobre os impactos ambientais na elección do tipo de alimentación que as persoas deciden. Datos da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) mostran que 1,300 millóns de toneladas de alimentos pérdense ao mesmo tempo, e que 1 de cada 7 persoas no mundo sofren fame e, cada día, máis de 20.000 nenos e nenas menores de 5 anos morren do mesmo mal. 
 
Medidas conscientes, como a selección de alimentos orgánicos, que non utilizan produtos químicos no seu proceso de produción, e a compra de produtos fabricados localmente, que non son importados doutras partes do mundo, estanse promovendo, para contribuír a conservar o medio ambiente.



É fácil culpar a outros do cambio climático, a degradación medio ambiental,... con todo, o DMMA é un día para deixar ao carón esas diferenzas e pensar que podes facer ti para protexer o medio ambiente.

Ao celebrar o Día do Medio Ambiente recordamos a importancia de coidar o noso planeta e sobre todo, dámonos conta de que cada acción conta. 
Converte a túa rutina en "verde" cuns simples pasos. DMMA da á Z.


24/05/13

EXPOTAKU A CORUÑA



Expotaku é unha xira de eventos relacionados co mundo do manga, o anime, os videoxogos, o cosplay e a cultura xaponesa. 


Dende o venres 24 ao domingo 26 de maio en Expocoruña. Unha cita ineludible para os amantes do manga.  Vémonos.

15/05/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO: RECURSOS

Grazas a recompilación feita por Mª Asunción García dispoñemos de moitos recursos para achegarnos a figura do autor homenaxeado este ano.

 Clica na imaxe
(
Na biblioteca podes visitar o "teatro Roberto Vidal Bolaño".
Non esquezas ler algunha das súas obras.
No corredor de acceso a primeira planta tedes unha exposición de cartaces sobre o autor: podemos descubrir a persoa entre actuacións e textos.
Feliz teatro no día das Letras Galegas

10/05/13

11 DE MAIO: DÍA DO COMERCIO XUSTO


O 11 de maio celébrase o día Mundial do Comercio Xusto.

O comercio xusto é un sistema comercial solidario que persigue o desenvolvemento dos pobos e loita contra a pobreza e presenta unha alternativa ao comercio convencional. As súas bases son:
- As condicións laborais e os salarios apropiados: para que os produtores do sur poidan vivir con dignidade.
- Que non haxa explotación infantil: Asegúrase de que os produtos non foran elaborados por nenos e nenas.
- A igualdade entre homes e mulleres: Que ambos reciban un trato e unha retribución económica equitativa.
- O respecto ao medio: Que os produtos se fabriquen por medio de prácticas respectuosas co entorno no que se producen.
Por iso, o comercio xusto é considerado coma unha ferramenta de cooperación.
Ademais, o comercio xusto constitúe un movemento internacional formado por organizacións do sur e do norte. O seu obxectivo é mellorar o acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e mudar as inxustas regras do comercio internacional que consolidan a pobreza e a desigualdade mundial.


As ONGD da Comisión de Comercio Xusto organizan actividades en distintas cidades de Galicia. Un dos principais obxectivos desta xornada será amosar á cidadanía galega que «xusto ao noso carón» existen alternativas ao modelo de consumo imperante e que o papel de cada un de nós é fundamental para potenciar unhas regras de intercambio comercial xustas.

A Coruña. Feira de Consumo Alternativo       
Lugar: Praza de Pontevedra
Horario: 11:00 a 21:00 horas
Participantes: Intermón Oxfam, Labañou Solidaria,  Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca,  Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia
Actividades: venta, degustación, charlas, xogos, exposicións...
Non deixes pasar a oportunidade de coñecer e comprometerte coas persoas.
Para saber mais:





07/05/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA ESPERELA


 
Obras a túa disposición na biblioteca. Achegádevos ao teatro de Roberto Vidal Bolaño, unha experiencia que non defrauda.

Rastros: unha mirada sobre nós mesmos, feita dende o envés. Desde o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.

Bailadela da morte ditosa.  Preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado.Un achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso imaxinario.


Un apaixonante drama con personaxes inesquecibles. Con este texto, Roberto Vidal Bolaño obtén en 1992 o Premio Xacobeo de Textos Teatrais. Unha investigación de historiadores e teólogos, baixo a sombra da autoridade eclesiástica, sobre o misterio dos restos do Apóstolo. Que é o que se oculta aí dentro, baixo esa bela arquitectura, se é que hai algo? Os ríos de peregrinos de todo o mundo polo camiño de Santiago, ao longo de tantos séculos, onde foron, onde van hoxe mesmo? Que apodrece aí debaixo? O corpo de Prisciliano? Haberá outra cousa que o baleiro?

Saxo Tenor. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día.

Unha contribución de Paco Nogueiras Nodar, "Espirito Vidal Bolaño"
  
Ler teatro no mes das Letras Galegas

04/05/13

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Como sabedes este ano o dia das letras galegas esta dedicado a Roberto Vidal Bolaño. Para coñecer un pouco mellor ao autor gozade destes vídeos elaborados no CPI Dos Dicens, Rois.

Telexornal Vidal Bolaño

 A obra de Roberto Vidal Bolaño

 

Grazas a Biblioteca do Porviso por este fermoso traballo

Ao longo do mes iremos presentando diferentes documentos para coñecer mellor a esta figura irrepetible do teatro.

27/04/13

SALVAGARDEMOS ESTA BELEZA

«Pobladores do mundo, salvagardemos esta beleza, non a destruamos» (Primeiras palabras pronunciadas desde o espazo  por  Yuri  Gagarin  o 12 de abril de 1961)


Esta animación interactiva mostra moitas das escalas coñecidas do Universo. Ao mover a barra de desprazamento que hai na parte inferior móstrase a diversidade de tamaños . Ao facer clic nos diferentes elementos, aparece unha información descriptiva. (Clica na imaxen ou no enlace de abaixo. Grazas)
 

http://htwins.net/scale2/lang.html

23/04/13

DÍA DO LIBRO: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe durante o recreo entregamos os premios do concurso Fotolibro 2013.
A continuación podedes ver as fotos participantes e as gañadoras. Parabéns




Finalizamos o acto de entrega de premios lendo o texto de Paula Carballeira "Só un libro" e levamos de agasallo o marcapáxinas co texto.
Para os que non puidestes participar hoxe, tamén vos espera un marcapáxinas na biblioteca.

Grazas pola participación

22/04/13

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

A UNESCO proclamou o 23 de abril Día Mundial do Libro por coincidir nesta data acontecementos literarios importantes a nivel interncional, o falecemento de Cervantes e Shakespeare entre outros.

«O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidad de libros e de contidos é unha fonte de enriquecimiento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2013.

Un video para ilustrar a mensaxe anterior
 

A mellor homenaxe que podemos facerlle ao libro é, sen dúbida, perdernos entre as súas páxinas, regalarnos un tempo de lectura e compartir con outros o lido. 

Coma en anos anteriores, contamos cun texto orixinal co que PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Aquí tendes un fragmento

Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...

Pódese descargar AQUÍ  
Para conmemorar a data durante o segundo recreo entregaremos os premios do Concurso Fotolibro. Non faltedes, haberá unha sorpresa para os asistentes.
Feliz día do libro.
Grazas

21/04/13

DÍA DO LIBRO: DEREITOS DO LECTOR

O día 23 é o Día do libro, para ir pensando no tema podedes ler os dereitos do lector, o libro de pouco sirve si non hai lectores



Texto de Daniel Pennac
Ilustracións de Quentin Blake
Si queres ler o texto completo de D. Pennac tes que pedir na biblioteca:  Como una novela

11/04/13

UBUNTU

Como sabedes os ordenadores das aulas Abalar e da biblioteca funcionan co sistema operativo Ubuntu, propoñémosvos coñecer o significado desa palabra escoitando a Nelson Mandela



Para mais información clica na imaxe

09/04/13

JOSÉ LUIS SAMPEDRO

Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.
Un economista que sempre tivo presente que o mercado debería estar ao servizo da colectividade.
Uns libros para ler e... ler e... ler.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!
Vía Rede Lectura
  
 Obras de José Luis Sampedro na biblioteca:
- La vieja sirena
- Tamén podes ler a versión en galego Indignádevos

GRAZAS JOSÉ LUIS POLO TEU TESTEMUÑO DE VIDA COHERENTE

03/04/13

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 



Aportación de José Saramago

27/03/13

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA ESPERELA


BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO

II EDICIÓN
Todos leemos. Alejandro Ennes
Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura. 
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro.pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 1de abril e rematará o 18 de abril de 2013.
 Cuarta. As fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da fotografía por fora.
Revolcándose en la literatura. Olalla Armada
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.

Sexta. As obras serán avaliadas polos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón establecéndose o seguinte procedemento de votación popular:
  • Do 8 de abril o 19 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
  • Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
  • A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
  • Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Esperando. Elena Rodríguez
Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  23 de abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.

Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

Animádevos a participar. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais fotografías que na do ano pasado.

24/03/13

SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA

Repaso rápido do que foron as actividades desenvolvidas durante esta semana intensa e chea de poemas.

Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos

Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach

Recital na biblioteca e Recital multimedia de Yolanda Castaño:
Recitando poemas.  Recital Yolanda Castaño on PhotoPeach

Grazas por participar e gozar da poesía