14/03/14

SEMANA DA POESÍA

Durante a semana do 17 ao 21 de marzo na hora de ler lemos poesía nas aulas.
O profesorado dispón dunha escolma de poemas para escoller, o alumnado tamén pode achegar os textos que desexe compartir.

Tamén podes navegar, ler e escoitar poemas e a poetas


Antología Poética Multimedia

http://antologiapoeticamultimedia.blogspot.com.es/

E todo isto por que o día 21 é o Día Mundial da poesía proclamado pola UNESCO

Gozamos da palabra, compartimos sentimentos





03/03/14

VI CERTAME AMOR?, AMOR! EN CEN PALABRAS

Reunido o xurado do Certame Amor?, Amor! en cen palabras, decide outorgar o primeiro premio na categoría 2º Ciclo da ESO o traballo presentado baixo o titulo: "O amor, unha palabra, miles de definicións". Asemade decide deixar deserto o premio na categoría do 1º Ciclo da ESO.
Parabéns a gañadora: Paula Pacheco Romay, 3º ESO.

O amor, unha palabra, miles de definicións
O amor, que é iso?
Que é en realidade?
Parece raro que nunha soa palabra caiban tantas cousas...
E é que, nin aínda que o intentemos, poderémolo definir de forma obxectiva, pois, quizais, para unha persoa sexa unha necesidade, para outra, unha farsa, para outras unha forma de vida...
Miles de formas de pensar, miles de definicións, todas correctas...
E digo eu, que seria de nós, se non houbese amor na terra?
Os seres humanos nacemos predispostos para amar, todos e cada un de nós...
Amamos dende que nacemos, ata que nos morremos, pasámonos amando, aínda que sexa sen darnos conta, toda a nosa vida.

25/02/14

QUÍMICA DIVERTIDA IV

Tiocianato de mercurio

A última animación incrible nesta lista de entradas de ciencia trata sobre a descomposición térmica do tiocianato de mercurio. Este composto químico utilízase habitualmente en laboratorios de análises ou de química fina.


E aínda que poderiamos pensar que se trata dun ser alienígena revolvéndose, o certo é que a resposta a este estraño fenómeno atópase en que cando arde crea unhas "estruturas parecidas a unha serpe". A reacción química que se produce é alucinante, aínda que hai que recordar a alta toxicidade que ten este composto ao manipulalo en calquera laboratorio.

Como vemos, a ciencia non só favorece o noso día a día, con complexos experimentos e proxectos de investigación, moitas veces difíciles de comprender. Tamén é unha forma de entender e saber máis a cerca do mundo que nos rodea, con incribles e asombrosos trucos, que moitas veces non acertamos a entender do todo.

19/02/14

"Amor de plastilina"




Queda pouco tempo para presentar o vosos microrelatos sobre o Amor. Mirade este traballo por si vos da algunha idea.



 Corto de San Valentín feito por alumnos do obradoiro de Plástica do IES AS BARXAS  de MOAÑA.

Moitas grazas

18/02/14

QÍIMICA DIVERTIDA III

A culler que se derrite
Outro dos GIFs de ciencia máis asombrosos é o seguinte, no que vemos unha culler metálica que, literalmente, se derrite nun vaso de auga. Incrible, verdade? Por que ocorre?
 
 Para entender o proceso, primeiro debemos analizar o material do que está feito a culler: galio. O galio é un elemento químico cuxo punto de fusión é de só 28,56ºC. Deste xeito, aínda que a culler en principio parece de aceiro, non o é, e esta peculiaridade fai que se "derrita" nun vaso de auga templada.

14/02/14

QUÍMICA DIVERTIDA II

A estraña polimerización
No segundo exemplo da nosa recopilación de ciencia, vemos a polimerización da p-nitroanilina. Este composto, tamén coñecido como 4-nitroanilina ou ata 1-amino-4-nitrobenceno, é un composto orgánico que responde á fórmula de C6H6N2Ou2.
Comúnmente é utilizado como intermediario na produción de colorantes, insecticidas ou fármacos, tratándose dun po de cor amarela brillante, con certo cheiro a amoníaco. Como nos recordan neste informe, é unha sustancia química perigosa, que se debe manipular con coidado.

Na animación, o que se observa é a polimerización deste composto químico, que se trata en certo xeito dunha reacción química bastante explosiva. Ocorre debido a que engadimos á cunca de cerámica con p-nitroanilina acedo sulfúrico concentrado.        

MAIS INFORMACIÓN

10/02/14

QÍIMICA DIVERTIDA I


A reacción da «espuma»
Unha das cousas máis divertidas que se poden facer nun laboratorio de ciencias é experimentar diferentes tipos de reaccións químicas, sempre coa suficiente supervisión e seguridade, para ver que ocorre. E vendo como funcionan, é máis sinxelo que podamos entender algunhas das partes máis complicadas da química.
Por exemplo, tratábase de mesturar peróxido de hidrógeno con yoduro potásico. Que fai que salga tanta espuma tras realizar a reacción? A explicación coméntannola en detalle nesta revista, na que nos explican que o peróxido de hidrógeno, máis coñecido como auga oxigenada, pode descompoñerse en auga (H20) e osíxeno molecular (Ou2).

O yoduro potásico acelera a descomposición do auga oxigenada, de forma que ocorre unha reacción exotérmica (é dicir, que libera calor), polo que parte do auga que se desprende atópase en forma de vapor.


Ademais, a coloración marrón que observamos débese, como se explica no artigo mencionado antes, a que "algúns aniones yoduro se oxidan a yodo molecular, que reacciona con aniones yoduro presentes para formar o anión triyoduro". Unha boa forma de entender algunhas reaccións químicas, sen dúbida.
MAIS INFORMACIÓN

06/02/14

VI CERTAME AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS

BASES DO VI CERTAME AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
 
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 7 de febreiro de 2014 no primeiro recreo e remata o 21 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra  no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro. 
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para o 2º ciclo da ESO.

Sétima. O anuncio das obras gañadoras do certame farase o día 26 de febreiro. Terá lugar na Biblioteca A Esperela no segundo recreo. 
 
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa.  
 
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases. 
EDLG / Biblioteca A Esperela

IES O MOSTEIRÓN
Sada, 6 de febreiro de 2014
  Animádevos a participar

29/01/14

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Un ano mais chega o 30 de xaneiro para pensar na necesidade da paz entre os pobos e as persoas.
Presentamos unha selección de viñetas que teñen como tema común a pomba da paz, todo un símbolo.

Tamén vos propoñemos escoitar esta canción, un himno de paz composto por Paco Damas


Non vos esquezades de ver a exposición de viñetas no recibidor do instituto.
GRAZAS POR PACIFICAR

09/01/14

HORA DE LER. 2º TRIMESTRE

 Ano novo, lecturas novas
Continuamos coa lectura diaria:


HORA DE LER
HORARIO
SEMANA HORA
13 -17 XANEIRO
20- 24 XANEIRO
27- 31 XANEIRO
3- 7 FEBREIRO
10- 14 FEBREIRO
17- 21 FEBREIRO
24- 28 FEBREIRO
6 – 7 MARZO (ENTROIDO)
10- 14 MARZO 3ª (AVALIACIÓNS)?
17- 21 MARZO (Remata 2ª Avaliación)
24- 28 MARZO
31 MARZO- 4 ABRIL
 7- 11 ABRIL

19/12/13

04/12/13

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS

10 de decembro: 65 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos (1948 -2013)



Pensamentos de moitos autores diferentes sobre a situación, violacións permanentes dos dereitos que nos demos para recoñecermos máis humanos.
Podes consultar o texto da Declaración ou visitar a exposición no recibidor do instituto.

A conculcación de dereitos non está tan lonxe de nós, consulta esta información de Anty-Slavery sobre a escravitude moderna.

E escoitar unha canción


Actúa denunciando as situacións que coñezas de conculcación dos dereitos humanos. Cubre a "denuncia" na mesa posta no recibidor e pégaa no taboleiro. A Esperela fará chegar as túas denuncias o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.

GRAZAS POR HUMANIZAR

03/12/13

PROCURA CON CIENCIA IV E FIN


Respostas ás dúas preguntas da semana pasada, e con elas rematamos o concurso.
 1º e 2º ESO

Pódense cocer ovos no cume do monte Everest ?  


RESPOSTA
Todo o mundo sabe que a auga ferve a 100ºC. O que se esquece precisar é que isto só é verdade ao nivel do mar, onde a presión atmosférica é de 760 milímetros de mercurio (1 atmosfera). Ao gañar altura respecto ao nivel do mar, a temperatura de ebulición baixa. Así, no cume do monte Everest (8.846 m), a temperatura de ebulición da auga só é de 72ºC. A esta temperatura a agua ferve e, a temperaturas máis baixas, os ovos non se cocen.

Por que a temperatura de ebulición diminúe coa altura?
A auga está formada por millóns de partículas microscópicas: as moléculas. Se quentamos por enriba dos 100ºC, as moléculas da agua teñen a suficiente enerxía para “escapar” do líquido: é o vapor de auga. A enerxía que precisan as moléculas para “escapar” aumenta ao aumentar a presión atmosférica, xa que esta actúa como unha “tapadeira”. Dado que a presión atmosférica diminúe coa altura (hai menos aire), tamén diminúe a temperatura de ebulición.

Nas potas “a presión” acontece o contrario: no seu interior a presión é 1,7 veces máis elevada que no exterior. Nelas, a auga non comeza a ferver ata os 120ºC. Así, os alimentos quéntanse a temperaturas máis altas que nunha pota ordinaria e, por iso, cocen antes.
Nessman P. Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches, páxina 103 Editorial Faktoria K


RESPOSTA ÁS PREGUNTAS DE 3º/4º ESO SOBRE A EVOLUCIÓN DAS ESPECIES 

Darwin venceu o seu medo a publicar os seus traballos grazas a una carta enviada por Alfred Russel Wallace. Este xove científico traballaba nas illas de Indonesia e dende alí quixo comunicarsecon Charles Darwin para consultar a súa opinión.

A importancia da carta radica en que ,nela, A.Wallace pídelle consello a Darwin e explícalle unha serie de ideas sobre evolución que ,na base, eran as mesmas ás que chegara Darwin ao longo de moitos anos de estudo .Darwin sentíu que isto era ,por una banda ,un apoio que reforzaba os seus ánimos.Por outra parte,entendeu que,se non publicaba a súa teoría e tódalas probas recopiladas, con urxencia, outros científicos íano facer antes. Por medo, ía perder o traballo de toda una vida.

Título :“Charles Darwin.La aventura de la evolución “Autores :A.I. Wood e Clint Twist.

O equipo gañador é:
Alba Castro e Alejandro García 
4º ESO.
PARABÉNS AOS GAÑADORES E GRAZAS POR PARTICIPAR

28/11/13

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!
Alejandro Pose Rial, 4º ESO
Fairy Tail é un manga creado por Hiro Mashima.

Conta a historia dun  mago novo, chamado Natsu, na busca do seu mestre e pai adoptivo: Igneel, que resulta ser un dragón. Por iso unese a Fairy Tail, un gremio de magos que é famoso polos estragos e danos que provocan en diversas cidades (o cal non debería ser así). 
O mundo de Fairy Tail xira arredor dos magos (pouco teñen que ver coa idea xeral do mago común) que realizan encargos a cambio de diñeiro, similar a un cazarecompensas. Natsu coñece a Lucy, unha guapa rapaza cuxo sono era ingresar nun gremio de magos, especificamente en Fairy Tail, o cal consegue grazas á axuda de Natsu. De aí en diante, a historia segue os movementos desta parella de magos, vense envoltos nun sen número de aventuras antes de conseguir a meta final de encontrar a Igneel.

Fairy Tail destaca por ter uns personaxes supercarismáticos cos que te encariñas deseguida (co seu propio pasado e motivacións e cada un con certo halo de misterio (algúns máis que outros)). Unha trama sólida que engancha case dende o principio (xoga co suspense e a acción, con enigmas que se presentan, que pode que non sexan importantes para a historia xeral, pero que che fan comer a cabeza) e sobre todo por esa dose de combates; típicas dos shonen.
Por outro lado o estilo de debuxo é moi dinámico e actual, seguindo a liña  doutros autores de renome como Eiichiro Oda (One Piece) ou Akira Toriyama (Dragón Ball).
Como punto débil, cabería dicir que ao autor non se lle dan moi ben as presentacións de personaxes, polo que os primeiros capítulos son un pouco monótonos e lle custa arrancar, pero chegado certo momento a trama movese soa.
Recoméndovolo se vos gusta o xenero de acción-fantasia, a maxía e as pelexas. 

27/11/13

CALENDARIO 2014

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E A BIBLIOTECA A ESPERELA CONVÌDANTE A:

Xogar co tempo VIAXANDO POLAS ESTACIÓNS, entrando e saindo das semanas esvarando polo medio dos días, p a r à n d o s e   e n   c a d a   m e s ...
Presenta a túa idea para un calendario mural, de mesa e outro de peto para o ano 2014
Bases:

1ª- O concurso está aberto a todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexen participar. Cada concursante poderá presentar só unha obra para cada unha das modalidades.

2ª- O traballo deberá ser orixinal. Os participantes poden facelo nas seguintes modalidades:
  1. Deseño de un calendario do ano 2014 en tamaño mural (para colgar nas paredes)
  2. Deseño de un calendario do ano 2014 para mesa
  3. Deseño dun calendario tamaño “peto” para distribuír entre os membros da comunidade educativa do instituto.
3ª- A técnica dos traballos: pode ser fotografía, debuxo dixital ou debuxo en papel, tanto a cor como en branco e negro, etc.

4ª- A temática, aínda que libre, deberá incluir:
  • O calendario mural ten que incorporar un motivo para falar, ler, empregar o galego para cada un dos meses do ano. Pódese engadir un slogan que encabece o ano.
  • O calendario de mesa ten que incorporar un slogan para o ano.
  • O calendario de peto ten que incorporar unha foto orixinal sobre o galego: falar, ler,...en galego. No reverso incorporar o calendario do ano.

5ª- Os orixinais enviaranse como documento achegado por correo electrónico ao enderezo: aesperela@gmail.com. Os traballos deben presentarse en formato de imaxe, preferiblemente JPG, PDF. ( No asunto do correo especificar nome e curso do autor/a)
Tamén podes entregalos en formato papel - mellor tamaño DIN A4- na biblioteca, protexidos dentro dunha funda de plástico, na que tamén irá un pequeno sobre pechado no que figure por fóra o título do traballo e dentro os datos da identidade do autor /a.

6ª- O prazo de entrega de orixinais ábrese o 26 de novembro e pechase o 13 de decembro as 24:00 horas.

7ª- O xurado estará formado por membros do EDLG e A Esperela. Emitiran o seu fallo o día 16 de decembro, as 12: 15 hs. Na biblioteca.

8ª- A decisión do xurado será inapelable.

9ª- O xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto.

10ª- Establecese un premio para cada unha das modalidades: Mural, mesa e Peto. Os gañadores veran a súa obra publicada e distribuída.

11ª- A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e a decisión do xurado.


En Mosteirón a 26 de novembro de 2013.
Anímate e participa

26/11/13

VIOLENTÓMETRO

Aqui tedes un "violentómetro para medir o risco nas nosas relacións.
Fraga das Saiñas. Viveiro
"A violencia contra a muller é a mais vergonzosa violación dos dereitos humanos. Non coñece límites xeográficos, culturais ou de riquezas. Mentre continúe, non podemos afirmar que avanzamos cara a igualdade, o desenvolvemento e a paz". (Kofi Annam, Expresidente da ONU)

24/11/13

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende A Esperela queremos unirnos a esta conmemoración imprescindible coa intención de sensibilizarnos, sobre todo de tomar conciencia que é posible mudar a realidade na medida que somos quen de mudar os nosos comportamentos a hora de relacionarnos.
CONTRA A VIOLENCIA: REACCIONA 
Na biblioteca podes visitar a exposición de libros sobre o tema...LER FAINOS MAIS  LIBRES 
O martes 26 as 12:15 na biblioteca leremos un texto moi especial: participa.

Eduardo Galeano ofrécenos un texto moi axeitado para pensar
http://www.saudaderadio.com/2013/04/nunca-mas-mi-lado.html
Escoita a voz do autor: NUNCA MÁS A MI LADO

Actua é responsabilidade de todos nós

PROCURA CON CIENCIA III

RESPOSTAS AS PREGUNTAS DA SEMANA PASADA
1º e 2º ESO

RESPOSTA



Nas saídas ao campo, todo bo excursionista ten que contar con recursos para emerxencias, ou tomar decisións importantes.


Existe un xeito de calcular canto tempo falta para que o Sol se poña utilizando unha parte do corpo. É un método que todo participante nas carreiras de orientación coñece.



Cal é este método?


O método consiste en empregar a man para medir ángulos: catro dedos equivalen aproximadamente a 15º, é dicir, a unha hora de luz, xa que o ancho de cada dedo corresponde mais o menos a 15 minutos de luz solar.
Bibliografía:
Banqueri Foros, E.  Orientaciones y mapas (página 31) Editorial Parramón


3º e 4º de ESO  
Resposta


Cal é a razón técnica pola que os ordenadores utilizan o código binario? 
… O sistema binario emprégase nas calculadoras e procesadores nos que os medios de almacenamento de datos e transmisión de información son elementos físicos que poden adoptar dous estados: presencia ou falta de corrente, magnetización nun sentido ou no oposto,…

BIBLIOGRAFÍA
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL. Editorial “Ir Indo”. Tomo 3. binario>sistema binario  
HART-DAVIS, ADAM. Ciencia. Editorial AKAL. Páx. 175. Código binario.
 
NOVAS PREGUNTAS. ÚLTIMA SEMANA DE CONCURSO


1º e 2º ESO

PREGUNTA

 
Pódense cocer ovos no cume do monte Everest?

3º e 4º ESO

PREGUNTA
A EVOLUCIÓN DAS ESPECIES
Poucos biólogos tiveron tanta influencia como Charles Darwin.As súas ideas non só explicaban o modo en que toda a vida chegou a existir,senón que mostraban ,ademais, o lugar que o ser humano ocupa,na árbore da evolución dos seres vivos.Darwin propuxo a primeira teoría da evolución que aportaba probas sólidas.Pero este gran científico sentía medo á oposición e rexeitamento que unhas ideas tan innovadoras provocarían na sociedade da época ,e incluso pensaba en retrasar a publicación do seu libro “ A orixe das especies “ , ata despois da súa morte. As súas dúbidas remataron gracias a unha soa carta.

Que científico lle enviou esta famosa carta e por que tivo tal efecto en Darwin?



Dende que zona do mundo,onde facía dito científico as súas observacións, lla enviou?




VEÑA QUE QUEDA POUCO

22/11/13

DORIS LESSING.

Grazas a Biblioteca do IES Concepción Arenal podemos coñecer un pouco mais a escritora Doris Lessing.
GRAZAS por tan excelente traballo

Unha muller defensora dos dereitos da muller, imprescindible.